Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Chantaxe de MUFACE

Información
12 Noviembre 2024 - Agenda 424 votos - Correo electrónico - Imprimir

Diante da estratexia de chantaxe e fake news das grandes compañías que prestan servizo á mutualidades sobre os riscos  de que colapse MUFACE se non é incrementan nun 40% os fondos que reciben do Estadio, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ADSP queremos sinalar que:

1. Non é verdade que as aseguradoras estean ao bordo da quebra polas primas que reciben por cada funcionario/a que deben atender. En 2023 gañaron 10.500 millóns de euros (a contribución do mutualismo administrativo foi tan do 17%). As aseguradoras están a multiplicar as súas ganancias grazas aos seguros privados complementarios (que xa contratou o 25% da poboación) grazas á política de recortes e desmantelamento da Atención Primaria de moitos gobernos autonómicos gobernados polo Partido Popular

2. Non é verdade que se desaparecese MUFACE vaia a colapsar o sistema sanitario, dado que supoñería apenas un 2% a demanda

3. Non é verdade  que MUFACE aforre gasto ao sistema sanitario xa que na súa inmensa maioría  aten a persoas mozas que gozan de boa saúde. As persoas de máis de 65 anos (minoritarias en MUFACE) realizan un gasto sanitario tres veces maior que o resto da poboación.

Consideramos inaceptable que:

  • O goberno siga mantendo un sistema obsoleto que a Lei Xeral de Sanidade de hai case 40 anos declaro a extinguir e cuxo único obxectivo é subvencionar ás grandes  aseguradoras privadas con fondos públicos.
  • O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública prolongue artificialmente  un modelo de atención sanitaria que debería depender do Ministerio de Sanidade e debería estar descentralizado aos Servizos de Saúde Autonómicos como o resto da sanidade publica.
  • Un goberno progresista financie servizos privados para a atención sanitaria de servidores públicos
  • Algúns sindicatos que representan ao persoal funcionario  do sector publico acepten e participen dunha chantaxe promovida polo sector privado e esixan que se prolongue un situación de privilexio  (mentres manteñen as vantaxes do funcionariado público  (estabilidade, seguridade, contratación indefinida …).

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

social youtube xornalgalicia   feed-image

publicidad unete juntos haremosgrandescosas

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal