Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Denuncian problemas con as ambulancias do Salnes

Información
30 Noviembre 2024 - Agenda 481 votos - Correo electrónico - Imprimir

Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar a situación do Servizo de Ambulancias do Hospital do Salnés

1.- Este Hospital dispoñe dunha ambulancia de soporte vital avanzado (medicalizada) para  trasladar pacientes a outros hospitais,  pero que non atende as emerxencias que suceden fora do Centro Hospitalario  

2.- Como exemplo pódese citar que nun incendio con feridos e mortos no Grove no pasado mes de novembro, non puidera  acudir a ambulancia do 061 por estar a utilizarse nun traslado a Montecelo, mentres que a ambulancia do hospital do Salnés estaba aparcada, como denunciou o persoal do 061.

3.- Este Hospital en lugar de utilizar a súa ambulancia para facer traslados ao Hospital Montecelo,  utiliza a ambulancia do 061 (de dispoñe de soporte vital avanzado), deixando así sen ambulancia  a poboación da área durante o tempo que dura o traslado de pacientes a Pontevedra.

4.- Resulta incomprensible que un Hospital non utilice  a súa ambulancia  (que conta con medios suficientes para atender situacións de risco) para realizar traslados de pacientes ao Hospital Montecelo, mentres utiliza a do 061 que presta servizo a toda a Área para situacións de emerxencias vitais.

4.- Ter poucos recursos y por riba no utilizalos, supoñe unha mala xestión dos mesmos pola Xerencia nunha  Área (que sufriu recortes nos faia moito tempo), que poñe en risco a saúde da poboación.

Esta situación ven a mostrar unha vez mais que aos problemas da privatización e de recortes de persoal no Servizo de Ambulancias, habería que engadir unha xestión irracional  que non utiliza adecuadamente os recursos, poñendo en risco ademais a saúde da poboación (neste caso da Área do Salnés), como reiteradamente ven denunciando  a Plataforma SOS Sanidade Pública

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

social youtube xornalgalicia   feed-image

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal