En relación coa convocatoria de manifestación cidadá por Palestina do día 24 de abril, desde BDS GZ Vigo queremos transmitir o seguinte:

Información
23 Abril 2024 - Agenda - 767 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Asistimos abraiadas á convocatoria dunha manifestación supostamente cidadá e unitaria, que
na práctica se materializou como un acordo cupular “mediante testaferros” de organizacións
políticas asentadas e que en seis meses de xenocidio non foron capaces de convocar
masivamente á súa militancia para acudir a ningunha das decenas de mobilizacións,
concentracións ou accións convocadas polas diversas asociacións por Palestina activas na
cidade.

Curiosa forma de forxar a unidade, facendo un chamamento a acatar un manifesto
pechado e sen posibilidade de emendas ou achegas; cunha data prefixada, sen posibilidade de
modificala, malia existir convocatorias con poucos días de diferenza; cun curioso formato de
manifestación silenciosa e sen posibilidade de debatelo. Máis parece pretender enarborar unha
falsa bandeira de unidade antes de forxala con quen podería sacarnos as cores.

Categoría: Agenda
Visto: 767
Attachments
comunicado BDS Gz Vigo ante manifestacion 240424 1 .pdf [211.79Kb]
Uploaded Hace 4 semanas. by xornalgalicia