Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Itziar Manso e Antonio Serrat, proclámanse campións galegos absolutos de Campo a Través

Información
05 Enero 2025 - Agenda 443 votos - Correo electrónico - Imprimir

podio_absoluto_homes_e_mulleres.jpg

Itziar Manso do Ourense Atletismo e Antonio Serrat do Real Club Celta lograron no día de hoxe sobre o circuito de O Aguillón de A Rúa, proclamarse campións galegos absolutos na edición de campo a través organizada polo Concello de A Rúa e Federación Galega.

A gañadora lograba o seu primeiro título autonómico logo de invertir un rexistro de 31:41 sobre os  8.600 m. dos que estaba composto o circuito. Xunto ela entraban a seis sgundos Sara Castillo do Atletismo Corredoiras ocupando o terceiro lugar a internacional Sandra Mosquera do Comesaña Sporting Club a doce segundos.

Na categoría masculina o principal favorito Antonio Serrat, quixo comezar este 2025 da mellor maneira posible, sumando o seu terceiro campionato logo dos logrados nos anos 2019 e 2022. O triatleta olímpico en París-24 quitaba catro segundos a un Ero Doce do Atletismo Narón quen conquistaba o subcampionato galego nunha boa carreira, ocupando David de la Fuente do C.D. Pinarium o terceiro lugar a dez segundos do gañador.

Por equipos nesta categoría absoluta, triunfos dun reforzado Atletismo Narón en homes e da Gimnástica de Pontevedra en mulleres quenes estiveron acompañados por Pinarium e Ría de Foz así como de ADAS CUPA e Ourense Atletismo.

Segindo co resto de categorías, cómodos triunfos tanto para a Gimnástica Carmen González como para Jarno Pousada do Ría Foz na categoría Sub23, os cales foron capaces de rematar con algo máis de vinte segundos de diferencia sobre os segundos clasificados. Por equipos, o Atletismo Narón sumaba o seu segundo título na categoría masculina.

Na categoría Sub20 cabe salientar o domiño da Atlética Lucense ao lograr os títulos tanto no individual da man de Sandra González e Iker Fernández como na de por equipos, impoñéndose de maneira contundemte ao resto de formacións.

O principal favorito Sub18 Alex Sierpes do Vicky Foods arrincaba o ano cun novo título no que asemella pode ser outro excelente ano para o talentoso atleta pontevedrés. Non menos talentosa resultou a actuación da santiaguesa do C.A.O Pino Debris Paniagua, quen precedía a súa irmán nun podio na que por equipos a Gimnastica de Pontevedra voltaba para a cidade do Lérez cos títulos en ambas categorías.

Xa por último a categoría Sub16 resultaba tremendamente disputada ata o punto de que a gañadora feminina Lucía Ageitos do Club Natación Riveira, chegaba con apenas un segundo de diferencia á linea de meta sobre Carla Rioseco do Ferrol Atletismo. En homes Xoel Franco do Beade, tamén tivo que esforzarse para lograr o campionato que lograba por dous segundos sobre Ismael Rodríguez da Atlética Lucense. Precisamente este mesmo club lograba o campionato en mulleres sendo a formación do Club Atletismo Sada, quen facía o propio na de homes.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Antes que Mar Sánchez Sierra, Carmen Gamir dejaba ver que "Yo También Quise  al Presidente y un Vínculo con el Liderazgo".Especial la Cara Oculta de San Valentin. Mujeres sin recursos que triunfan como rémoras ante los hombres que ostentan el poder

 Feijóo según su declaración del Congreso de los Diputados sigue soletero a día de hoy.  PP Madrid 62 años Soltero...+

En una sociedad donde el acceso a recursos y oportunidades suele estar condicionado por el estatus económico y social, muchas mujeres han encontrado en su capacidad de adaptación y estrategia un medio para alcanzar el éxito. En un mundo donde el poder a menudo está concentrado en manos masculinas, algunas mujeres sin recursos han logrado ascender aprovechando su cercanía a estos centros de influencia......Seguir leyendo..+