LAGE TUÑAS ESTA PERMITINDO QUE A XUSTIZA DETERMINA QUE VIRAXES VULNE DEREITOS FUNDAMENTAIS DO SEU PERSOAL DO CDM DEL CASTRILLÓN

Información
15 Junio 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 344 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Declarou nulo o despedimento dun socorrista, quen facía de monitor e levaba
o mantemento na instalación, por non ter declarado a súa afiliación a FAC-USO
A Coruña, 15 de junio de 2024.- O xulgado do social núm. 6 da Coruña vén de determinar que
VIRAXES, S.L., empresa que xestiona o Centro Deportivo Municipal (CDM) do Castrillón, vulnerou
dereitos fundamentais do seu personal, declarando nulo o despedimento dun socorrista.


A xustiza obriga a readmitir ao socorrista, porque a empresa vulnerou o seu dereito á liberdade
sindical e o seu dereito a non sufrir discriminación. Tamén anula o despedimento, que foi unha
represalia por terse negado a declarar sobre a súa afiliación á Federación de Atención á Cidadanía
da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia). A maiores de ter que abonar os
salarios deixados de percibir, condena a indemnizar, ao traballador, na cantidade de 7.501,00 euros.
A empresa despediuno por causas disciplinarias, alegando unicamente a diminución continuada e
voluntaria no rendemento normal do seu traballo, despois de que en agosto comezasen a saír, na
prensa, noticias da denuncia de FAC-USO sobre as irregularidades, agora confirmadas, na xestión
do CDM pola empresa VIRAXES, S.L. O Xulgado tamén declara nulo o despedimento por non ter
tramitado un despedimento colectivo, a pesar de ter superado o limiar de extincións laborais.
O fallo constata, como feitos probados, que VIRAXES, S.L.,ordenou que o socorrista impartise cursos
como monitor, sen ter titulación; que puxese pastillas de bromo, incrementador de ph ou controlar o
dosificador na sala de máquinas, etc.; ou, o máis grave, permitiu e segue permitindo que a
coordinadora non teña titulación, un caso de intrusismo profesional, como temos denunciado.
Deste xeito víronse confirmadas as nosas denuncias sobre as irregularidades e ilegalidades que vén
cometendo VIRAXES, S.L., cuxo xerente leva meses negándoas, sinalando que se trata dun feito
“puntual e concreto” cunha “traballadora natural de Carballo”, á que recoñeceu que, tamén pretendeu
“despedir”, co motivo do incumprimento do posto para o que foi contratada.
Por todo iso, desde USO seguimos sen entender como EMVSA, poder adxudicador e responsable do
servizo, leva máis de 10 meses sen tomar medidas, converténdose, deste xeito, en cómplice de todas
as ilegalidades contractuais e laborais de VIRAXES, S.L.

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV