O vindeiro sábado 25 de xaneiro, de 18:00 a 20:00 horas, presentaranse as Marchas Republicanas en Galicia, coincidindo co 75 aniversario da morte de Castelao. O evento terá lugar na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña cidade e contará coa presenza de Nicanor Acosta e Pablo Elorduy.
Esta iniciativa forma parte da segunda Marcha Republicana Estatal, que se celebrará o 15 de xuño de 2025 en Madrid, e busca unir a diversos territorios nunha manifestación conxunta pola república.
Convidamos a toda a cidadanía a asistir á presentación do 25 de xaneiro e a unirse á marcha do 15 de xuño. A participación e o apoio da comunidade son fundamentais para reivindicar os valores republicanos e conmemorar a figura de Castelao.