O Grupo Socialista denuncia que o PP de Feijóo fúrtalle 166 millóns de euros aos galegos e galegas

Información
24 Mayo 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 508 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Patricia_Iglesias_240524_01.jpg

Patricia Iglesias reclámalle á Xunta que lle pregunte a Feijóo por que queren que a Comunidade Autónoma teña menos capacidade de gasto, o que repercute directamente no benestar da cidadanía e no tecido produtivo

O goberno galego recoñece que en 2023 deixou sen executar 96 millóns de euros dos 564 destinados aos concellos galegos

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024. A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, criticou hoxe que a decisión do PP de rexeitar a senda de déficit no Congreso e o Senado fai que Galicia dispoña de 166 millóns de euros menos neste exercicio. Iglesias presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía do Parlamento na que lle reclamou á Xunta que lle pida explicacións a Feijóo por esta decisión.

 

A responsable socialista dixo que “deben explicar por que queren que Galicia teña menos capacidade de gasto nas competencias que lle son propias e que repercuten directamente no benestar da cidadanía e no tecido produtivo do país”.

 

Sinalou que o voto de PP e Vox “unidos da man” en contra da senda de estabilidade, que flexibiliza os obxectivos para as comunidades autónomas e as entidades locais, prexudica claramente os intereses económicos de Galicia. Estes obxectivos de déficit foron bloqueados pola dereita e a ultradereita no Senado, impedindo ampliar unha décima a marxe de endebedamento das comunidades autónomas, o que se traduce neses 166 millóns de euros dos que non disporá Galicia.

 

Patricia Iglesias dixo que a economía galega non está para renunciar a este financiamento adicional logo dunha xestión “como mínimo cuestionable” por parte do PP, que provocou que a economía galega crecera claramente por debaixo do resto de España -un 1,8 fronte ao 2,5 por cento-, logo de que 11.000 empresas pecharan en 2022.

 

Sinalou que “hai unha responsabilidade fundamental na mala xestión económica do goberno galego do PP, que triplicou a débeda, ao tempo que non preservou os servizos públicos dos efectos das crises económicas nin apostou pola transformación económica do noso país”.

 

Financiamento dos concellos

 

O responsable de Administración Local do Grupo Socialista, Julio Abalde, reclamoulle ao goberno galego que utilice o diñeiro que ten orzamentado para os concellos, logo de que o director xeral de Orzamentos recoñecera que no ano 2023 deixaron sen investir 96 millóns de euros do total de 564 previstos. Reclamoulle ao goberno galego que explique “por que sobran preto de 100 millóns de euros nos anos 2022 e 2023, e non se poden utilizar”.

 

Abalde presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía na que advertiu que a maioría dos orzamentos previstos polo goberno galego para os concellos corresponden a fondos condicionados vía convenios, contratos ou subvencións, que provocan insuficiencia financeira e condicionan a autonomía das entidades locais.

 

O responsable socialista pediulle á Xunta que colabore coa Fegamp e incremente as aportacións ao Fondo de Cooperación Local xeral, dos que as administracións locais poden dispor libremente, e que no ano 2023 supuxeron apenas 144 millóns de euros. Lembrou que estas aportacións aumentaron significativamente entre os anos 2001 e 2009, multiplicándose por 4, para quedar conxeladas ata o ano 2020.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV