Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O TSXG absolve por falta de probas ao fisioterapeuta de Vigo condenado por abusar sexualmente dunha clienta

Información
24 Enero 2025 - Agenda 318 votos - Correo electrónico - Imprimir

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu o recurso de apelación interposto por un fisioterapeuta condenado a un ano de cárcere como autor dun delito de abusos sexuais cometido sobre unha doente á que atendeu na súa clínica de Vigo. Desta forma, revogou parcialmente a sentenza emitida pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, a cal contaba cun voto particular que avogaba pola absolución do acusado, e absolveuno do delito polo que foi condenado.

A Audiencia Provincial absolvérao das acusacións doutras usuarias, un extremo que tamén confirmou o alto tribunal galego. A Sala do Civil e Penal explica na sentenza que se, como indica o tribunal de instancia, “a pesar da proba de cargo, as dúbidas non se desvaneceron con relación á realidade de dous feitos imputados, a conclusión é patente en aplicación do principio in dubio pro reo: non procede emitir unha sentenza condenatoria nin pola atribución dos tocamentos dos peitos nin pola referida ás caricias na cintura”. 

 

En canto aos “contactos vaxinais”, os maxistrados salientan, contrariamente á sentenza da Audiencia Provincial, que “a declaración do acusado recollida na sentenza nada corrobora, senón que, ao contrario, de ser crida, desmentiría a acusación”, á vez que indican que “a declaración da vítima carece da corroboración aducida na sentenza, logo a súa verosimilitude non pode, por esta calidade, darse por acreditada”. No fallo, engaden que “tampouco a persistencia debe darse por sentada porque tampouco achega detalles ou precisións exentos de contradicións que afectan ao núcleo dos feitos”.

 

O TSXG conclúe que, “a falta doutros datos ou fontes de proba, as dúbidas, que apenas permiten albiscar confusamente o sucedido no curso dunha terapia con masaxes, impiden chegar á certeza propia dunha sentenza penal condenatoria”. A resolución non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Antes que Mar Sánchez Sierra, Carmen Gamir dejaba ver que "Yo También Quise  al Presidente y un Vínculo con el Liderazgo".Especial la Cara Oculta de San Valentin. Mujeres sin recursos que triunfan como rémoras ante los hombres que ostentan el poder

 Feijóo según su declaración del Congreso de los Diputados sigue soletero a día de hoy.  PP Madrid 62 años Soltero...+

En una sociedad donde el acceso a recursos y oportunidades suele estar condicionado por el estatus económico y social, muchas mujeres han encontrado en su capacidad de adaptación y estrategia un medio para alcanzar el éxito. En un mundo donde el poder a menudo está concentrado en manos masculinas, algunas mujeres sin recursos han logrado ascender aprovechando su cercanía a estos centros de influencia......Seguir leyendo..+