Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Pandeirada no Prado: unha homenaxe ás cantareiras con estilo granxeiro

Información
15 May 2025 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir 213 votos

Clases de Pandereta Gallega: Ritmo Básico de AlboradaPandeireteiras e bailadoras do Concello de Mesía interpretan nun prado a Muiñeira de Mesía, recollida por Baldomero Iglesias, Mero.  

  • O artesán Sanín deseñou un modelo exclusivo de pandeireta para esta representación

14.05.25.- A granxa ecolóxica galega Casa Grande de Xanceda, en colaboración co Concello de Mesía, lanzan unha Pandeirada no Prado para conmemorar as Letras Galegas 2025.  

Para isto, as pandeireteiras e bailadoras da Escola de Música Tradicional de Mesía interpretan a Muiñeira de Mesía nun escenario 100% estilo granxeiro: cun palco de pacas e con vacas como público de excepción. Esta peza está recollida polo fillo predilecto do concello, Baldomero Iglesias, Mero.  

Nesta acción colaborou o artesán José Manuel Salvado, “Sanín”, cun deseño exclusivo de pandeiretas con parche de estampado de vaca, madeira negra e ferreñas bicolores que integra a tradición e a modernidade.  

Desde Casa Grande de Xanceda explican que esta homenaxe ás cantareiras pretende “visibilizar que a tradición da poesía oral é tan potente que chegou ata un grupo de mozas adolescentes, que cantan con orgullo desde o rural”. Ao fío disto engaden que “iso non tería sido posible sen esas mulleres rurais irreductibles que a mantiveron e transmitiron un mundo e unha cultura”. “A boa saúde da que goza hoxe en día a música galega con grupos como Mondra, Tanxugueiras ou Fillas de Cassandra non tería sido posible sen esas avoas e bisavoas que nos fixeron chegar as súas coplas”, sinalan.  

O alcalde do Concello de Mesía, Mariano Iglesias, subliñou a “importancia das escolas municipais de disciplinas tradicionais” nun “momento de auxe da nosa música e o noso baile” e tamén o “orgullo de que un municipio rural como Mesía poida desenvolver este tipo de accións con xente moza e comprometida”.   

Recollida no Museo do Pobo  

A Muiñeira de Mesía comeza coa copla “A parroquia de Xanceda/de lonxe parece vila/ten un caravel na entrada/e unha rosa na saída”. Esta muiñeira forma parte do cancioneiro recollido no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego na colección de Baldomero Iglesias e que conta con 13.404 coplas recollidas na contorna de Mesía.  

A Casa Grande de Xanceda sorteará pandeiretas iguais ás usadas polas cantareiras no vídeo nas súas redes sociais o 17 de maio, Día das Letras Galegas. “Hai poucas cousas que simbolicen máis a tradición rural como unha pandeireta estampada con manchas de vaca”, explican. 

Casa Grande de Xanceda ten como parte da súa responsabilidade social corporativa a posta en valor da figura da muller rural polo aporte “impagable” que fixo e fai ao conxunto da sociedade galega.  

social youtube xornalgalicia   feed-image