Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
 Este servicio gratuito de Google traduce instantáneamente palabras, frases y páginas web del español a más de 100 idiomas y viceversa
Inicia sesión y listo. Accede a todas las noticias con un único inicio de sesión.
Suscribirse a Xornal Galicia es muy sencillo y gratis
Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
Galicia Noticias

Denuncian que o PP dende a Xunta pretende criminalizar á sociedade polos lumes forestais

Información
01 Junio 2023 - Incendios - Correo electrónico - Imprimir - 6745 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • incendiorianxoA Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería do Medio Rural sostén no seu anteproxecto da lei de loita integral contra os incendios forestais, que as Comunidades de Montes podan ser sancionadas cando se produza un lume nas súas terras, aínda que o lume sexa provocado por terceiros. 
  • A ORGACCMM sinala que ademais en dito anteproxeto se contempla a prohibición de emitir opinións acerca da problemática dos lumes, impoñendo sancións para aquelas persoas que se atrevan sinxelamente a exercitar  o dereito da liberdade de expresión.
Xornal Galicia - FEIJÓO Y MAR SÁNCHEZ SIERRA HACEN SUYO "ADIOS RIOS SOMOS  MOI DE MONTE" en recuerdo a Galicia.A Consellería do Medio Rural ten en período de consulta pública ao anteproxecto da lei de loita integral contra os incendios forestais.  Segundo poido comprobar a Organización Galega de Comunidades de Montes, neste anteproxecto a Consellería do Medio Rural entende que os lumes no territorio galego son un problema somentes de orde público ao que se deben aplicar solucións unicamente policiais.

Sinalan que no anteproxecto non se recoñoce que a problemática dos lumes do territorio teñen causas estruturais como omonocultivo forestal con especies de crecemento  rápido, a desordenación das masas boscosas ou o abandono do rural  despoboación, entre outras. O documento presentado pola Consellería do Medio Rural non precolle a necesidade de camiñar cara a unha política de montes  que posibilite un monte veciñal multifuncional e sustentabel, que e a ferramenta máis eficaz contra os lumes, como está de sobra demostrado.

Pola contra, denuncian, que neste anteproxecto de lei de loita integral contra os lumes forestais, a Consellería do Medio Rural pretende impedir que os titulares dos montes veciñais sexan os protagonistas da posta en valor das súas terras. Pretenden lexislar para sacarlles os seus dereitos, cargalos de obrigacións, e mesmo culpaloos  e sancionalos cando se produza un lume nas súas terras, aínda que a culpabilidade do orixe do lume sexa de terceiros.

A Consellería do Medio Rural intenta que a lei que se derivará do anteproxecto de loita integral contra os lumes forestais se leve adiante impoñendo o silencio. Así ,contempla a creación dun Consello Consultivo conformado por 19 persoas, das cales 15 son representantes de diversas administracións e so 4 persoas representando aos titulares dos montes e ás organizacións relacionadas co medio rural.

Ademais de todo isto , alertan desde a ORGACCMM que para a Consellería este silencio non e suficiente, xa que tamén prentende a prohibición de emitir opinións acerca da problemática dos lumes , contemplando incluso sancións para aquelas persoas que se atrevan sinxelamente a exercitar  o dereito universal da liberdade de opinión e expresión.

A Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común ven de presentar achegas ao anteproxecto de lei de loita integral contra os lumes. As liñas fundamentais de estas achegas son:
  • Deseñar unha política de montes inxertada nunha ordenación do territorio e nunha ordenación do uso das terras. Na que se valore os servizos ecosistémicos que prestan os montes veciñais en beneficio de toda a sociedade.
  • Entender que a loita máis eficaz contra os lumes do territorio e o acadar un monte multifuncional e sustentabel. Neste camiño e necesaria a  apertura de unha liña de axudas para as comunidades de montes que permitan a valoración integral do monte e a aposta pola súa multifuncionalidade .
  • Informar aos titulares nos que as súas terras padeceron un lume do dispositivo empregado na loita contra o lume. Así como a participación das comunidades de montes en todos os órganos consultivos e de planificación da loita contra os lumes, dende o Consello Forestal de Galiza ate os consellos forestais de distrito.
  • Eliminar do texto do anteproxecto de lei de loita integral contra os lumes todos os artigos que contemplen prantexamentos autoritarios e de libre interpretación pola Consellaría do Medio Rural.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más


También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

Privacidad y uso de cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.