Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP), SOBRE AS MENTIRAS DO SERGAS.

Información
04 Julio 2023 - Hoy es noticia 2585 votos - Correo electrónico - Imprimir

A Consellaría de Sanidade, anunciou hai uns días que “ía a incrementar o salario dos profesionais médicos e reducir o seu tempo de traballo”, mente.

O acordo sindical asinado na Mesa Sectorial conseguiuse despois do esforzo de negociación e presión das organizacións sindicais, e supón unha mellora importante para o conxunto do persoal da sanidade pública, incluído o persoal médico. Pero a forma de anuncialo pola Consellaría de Sanidade pode facer crer a opinión pública que vai a cambiar a súa política de precariedade laboral.

Na realidade: a falta de persoal nas listas de contratación do SERGAS, fai imposible na práctica, reducir a xornada de traballo do persoal enfermeiro e médico (traballarán o mesmo), e ademais “aplicarase soamente ás chamadas gardas dos sábados, non a xornada ordinaria”. Que vai a suceder? Que o tempo de traballo destes profesionais, seguirá sendo o mesmo, xa que o que van facer é recibir unha compensación económica por seguir traballando os sábados pola maña.

A Consellaría de Sanidade e a Xunta de Galicia, pretenden enganar novamente a poboación e aos traballadores/as, anunciando que “está a solucionar as malas condicións laborais do persoal médico”. Esas malas condicións de traballo son a causa fundamental pola que non teñen persoal disposto a traballar nas listas de contratación.

A frustración e o malestar profesional, xerado polas condicións actuais de traballo na Atención Primaria, afecta negativamente ao Sistema Sanitario, ao promover a fuxida de Galicia de profesionais en busca de condicións laborais dignas.

Novamente, esiximos acabar coa precariedade laboral e medidas para incrementar o persoal médico, de enfermaría e doutras categorías, necesarias para garantir unha asistencia integral e digna, especialmente na Atención Primaria.

Mentres persista a actual situación, seguirán as listas de agarda hospitalarias, os colapsos nas urxencias e os problemas de acceso aos Centros de Saúde, con consultas masificadas e un programa XIDE (de xestión da demanda) que é un completo fracaso.

Dende a AGDSP, esiximos que a Consellaría de Sanidade, tome medidas eficaces e deixe de enganar a poboación e aos traballadores e traballadoras

social youtube xornalgalicia   feed-image