Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Instan ao PP ná Xunta a denegar permiso mineiro na Rede Natura de Pena Trevinca

Información
06 Febrero 2023 - Hoy es noticia 3468 votos - Correo electrónico - Imprimir

Ante a solicitude do permiso de investigación minero de ouro en Froxais, Viana do Bolo, denominado «Bibi», Ecoloxistas en Acción solicita á Consellería de Economía, Industria e Innovación que se esixan as consecuentes rectificacións tanto de identificación e inventario de recursos vivos e arqueolóxicos, como a modificación de propostas do Plan de restauración conforme a eles, que inclúa detalladamente a planificación respecto á restauración posterior ao permiso de investigación solicitado, redactando un Plan de restauración real de todo o que sexa danado con este permiso mineiros.


A organización ecoloxistas expresa a súa máis rotunda oposición a que sexa outorgado un permiso de investigación mineiro dentro da Rede Natura 200 de Pena Trevinca. Ademais, sinalan que na tramitación agochou que os terreos onde se van a desenvolver os labores mineiros abranguen a Zona Especial de Conservación (ZEC) Pena Trevinca e a zona de especial protección para as aves (ZEPA) Pena Trevinca, incluídos na lista de Lugares de Interese Comunitario (LIC).


Ecoloxistas en Acción insta á Xunta a non eludir a súa responsabilidade na protección do medio ambiente, xa que é evidente que calquera actividade mineira, pola súa propia natureza afecta de forma moi apreciable ao territorio que ocupa, mediante a destrución directa do chan (e por tanto dos hábitats que se sustentan nese chan) no caso da minería ao descuberto, e mediante as afeccións ao subsolo, ás augas subterráneas e superficiais nos casos de minería ao descuberto e subterránea.


Destacan que o proxecto ademais sobreponse coas zonas de protección do xacemento arqueolóxico romano de Caveancos, circunstancia tamén omitida en toda a documentación presentada, a pesar de que se atopa inventariado no Plan Básico Autonómico de Galicia. A execución dos traballos mineiros propostos podería ter un impacto crítico sobre os elementos do patrimonio cultural, particularmente cando non se realizou unha prospección arqueolóxica na zona do permiso de investigación.


A Administración mineira galega debe denegar o permiso de investigación cando exista unha incompatibilidade da actividade mineira, calquera que sexa a súa intensidade, coas limitacións ambientais legalmente impostas nos terreos sobre os que se solicita o permiso. Por iso, Ecoloxistas en Acción agarda que a Xunta denegue este ou calquer permiso mineiro, sexa de prospección ou de explotación, en zonas protexidas ou de gran valor ambiental, como é este caso

social youtube xornalgalicia   feed-image