Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Investigados por defender un cidadán sancionado tras solicitar atención en galego

Información
18 Septiembre 2024 - Hoy es noticia 714 votos - Correo electrónico - Imprimir
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, e a tiktoker Sara Seco, están a ser investigados polo Xulgado de Padrón após denuncia por inxurias presentada pola Policía Local de Rianxo
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024.- O xulgado de Padrón investiga o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e mais a tiktoker Sara Seco, despois da denuncia por inxurias presentada pola Policía Local de Rianxo trala difusión da sentenza xudicial que non consideraba probada a "alteración grave da seguranza cidadá" e rebaixaba a sanción imposta a un cidadán desta localidade, por solicitar atención en galego no seu centro de saúde. Aínda sen teren máis detalles que a notificación do xulgado, as persoas investigadas din sentirse "moi tranquilas" e aseguran que todas as declaracións públicas e privadas que realizaron sobre a policía rianxeira e a súa actitude están basedas na literalidade da denuncia policial, que indica que o cidadán se molestou “ por dicirlle que o persoal sanitario non tiña obriga de falarlle en galego” e recolle expresamente que a empregada do centro de saúde recoñecera que se negara a atender o cidadán en galego.
 
   
PÉ DA IMAXE.- Extracto da denuncia, do que se infire que a Policía Local de Rianxo omitiu informar verazmente un cidadán sobre o deber legal do empregado público de “garantir a atención aos cidadáns na lingua oficial” da súa escolla (artigo 74, apartado s) da Lei 2/2015 de 29 de abril, do emprego público de Galiza. Artigo 54, apartado 11, da Lei Básica do Funcionario Público.
Neste sentido, Marcos Maceira e Sara Seco esperan que a investigación aberta no xulgado de Padrón sirva para aclarar por qué a Policía de Rianxo informou este cidadán de que non tiña dereito a solicitar atención nen a ser atendido en galego. Ambos os dous recalcan que "non só non é certo que o funcionariado público non teña que atender en galego a quen o solicitar, senón que a lexislación o considera falta grave".Para A Mesa, resulta intolerábel que calquera forza pública, incluída a policía de Rianxo, descoñeza ou obvie a lexislación en materia de dereitos lingüísticos e, en consecuencia, non preste información veraz aos cidadáns. E é alarmante que o Ministerio do Interior, a Consellaría de Presidencia da Xunta e a Delegación do Goberno consintan isto e non fagan nada ao respecto, dado que estamos ante a conculcación de dereitos fundamentais.
A Mesa xa se dirixiu ao Delgado do Goberno instándoo a tomar medidas e formar aos corpos policiais en dereitos lingüísticos.
Descarga o vídeo coas declaracións de Marcos Maceira e Sara Seco, aquí.
social youtube xornalgalicia   feed-image