Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Máis dunha ducia de aeroxeradores de cartón ocupan a Muralla de Lugo para denunciar a depredación enerxética da Galiza

Información
12 Mayo 2023 - Hoy es noticia 3248 votos - Correo electrónico - Imprimir

 Xornal Galicia - Alfonso Rueda ya negocia su futuro con Escotet-Abanca  trasladandole y negociando fondos públicos a sabiendas de que se dedica al  blanqueo de capitales y aprovecharse de la corrupción. Máis dunha ducia de aeroxeradores de cartón ocupan dende esta mañá a Muralla de Lugo para denunciar a estratexia de depredación enerxética que está a sufrir o territorio galego e, de xeito diferenciado, a poboación que habita nas áreas rurais.

Na Galiza hai xa

-nós somos 2.690.464-. Os polígonos mariños en tramitación engadirían 422 aeroxeradores máis, producindo enerxía para outros 25 millóns de persoas. Canda eles, centos de proxectos máis continúan a súa tramitación, e o pasado 27 de abril o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou a aprobación de 75 novos polígonos industriais eólicos -20 deles ubicados nas Reservas da Biosfera-.

Tal é a exacerbada presión industrial que está a sufrir o noso terriorio que, malia a ser pouco común a nivel europeo que os polígonos eólicos e as súas infraestruturas ocupen ecosistemas protexidos, na Galiza as áreas de desenvolvemento eólico invaden 107 mil ha das case 320 mil da Rede Natura 2000 e, nalgúns casos, case a totalidade da Rede Natura é Área de Desenvolvement Eólico (ADE) -por exemplo Brañas do Xestoso, Estaca de Bares, Monte Maior ou Xubia-Castro-. En zonas de Rede Natura, o Observatorio Eólico de Galicia ten localizados máis de 1200 MW. Destaca, por riba doutros Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), a Serra do Xistral, na Mariña lucense, onde se localiza máis do 50% desa potencia, 642,32 MW.

Esta agresiva invasión de proxectos responde unicamente aos intereses estratéxicos dun lobby empresarial que, privilexiado por modificacións lexislativas impulsadas polos actuais partidos políticos no goberno da Xunta e do Estado, está impoñendo o seu modelo de negocio sobre os dereitos humanos e sociais do pobo galego, convertindo a nosa terra nunha área de sacrificio na que concentrar centos de polígonos industriais enerxéticos.

Como sinala o Informe Macroeólicos Galicia (2021), estas áreas de sacrificio caracterízanse  por ser maioritariamente poboadas por grupos non dominantes, empobrecidos ou invisibilizados. No caso da Galiza, o 85,36 % dos aeroxeradores construídos ou proxectados están situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e teríamos 4.836 muiños en concellos de menos de 2.000 habitantes, comunidades marcadamente rurais, de rendas baixo a media, articuladas en base ás actividades agrarias e que sofren dun declive demográfico estrutural.

É fundamental que a poboación das cidades dea un paso adiante e se implique na loita contra a invasión eólica que dende fai máis de dous anos están levando adiante as numerosas plataformas de veciñanza afectada activas en todo o noso país, na defensa da nosa terra, das nosas augas, do noso medioambiente, do noso patrimonio, da nosa cultura, en definitiva, de todos e todas nós, do noso presente e do noso futuro.

Baixo a consigna “O POBO GALEGO UNIDO CONTRA A  DEPREDACIÓN ENERXÉTICA. AS CIDADES E O RURAL XUNTAS CONTRA O CAPITAL”, o domingo 21 de Maio, ás 12.30h., a coordenadora Un Vento Vén convoca unha mobilización nacional que partirá da Torre da Mosquera da Muralla de Lugo para esixir ás formacións políticas e institucións accións inmediatas e concretas para activar unha MORATORIA EÓLICA INMEDIATA EN TODO O TERRITORIO GALEGO, e avanzar cara un cambio radical do modelo enerxético, ao servizo das necesidades dos pobos e non dos intereses do capital, no camiño da soberanía enerxética.

social youtube xornalgalicia   feed-image