Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O candidato á alcaldía de Podemos e Esquerda Unida en A Coruña, José Manuel Sande, vén de pronunciarse sobre a actual polémica entre a Xunta e o Concello en relación ao CHUAC.

Información
22 Febrero 2023 - Hoy es noticia 3547 votos - Correo electrónico - Imprimir

Sande valora que se trata dun conflito en clave electoral que reflicte que os intereses da veciñanza nunca estiveron por diante neste asunto.

Sobre o CHUAC todo eran boas palabras ata que chegamos ás eleccións”, explica José Manuel Sande, quen mostra o seu “estupor” ante unha polémica entre administracións que “demostra que os intereses da veciñanza nunca foron o prioritario neste asunto”.

O candidato á alcaldía da candidatura de unidade entre Podemos e Esquerda Unida sinala que este asunto comezou mal, ao negarse o Goberno Local a dialogar coa veciñanza afectada pola ampliación e, en base ao cruce de declaracións destes días, “parece que vai rematar peor”.

Sande pídelle ás administracións “altura de miras” e que non empreguen un tema tan serio “para entrar en campaña”. O candidato á alcaldía pon de relevo a posición que “sempre mantiveron as organizacións ás que represento” que é a dediálogo coas familias que van perder as súas casas por mor da ampliación”. Insta tamén a Inés Rey a “escoitalas e mostrar algo de empatía ante a situación de incerteza na que viven".
Por último, Sande expón que "a ampliación do CHUAC é necsaria, pero non pode facerse contra parte da veciñanza. CHUAC si, pero non así"

Podemos A Coruña

social youtube xornalgalicia   feed-image