Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O PSdeG ESÍXELLE A RUEDA QUE EXPLIQUE “CON CLARIDADE” O QUE FIXO COS 159 MILLÓNS DE EUROS DE FONDOS COVID QUE A XUNTA DESVIOU DA SANIDADE EN 2020

Información
06 Marzo 2024 - Hoy es noticia 1359 votos - Correo electrónico - Imprimir

Julio Torrado lembra a advertencia do Consello de Contas polo desvío de fondos estatais que “nunca reverteron en sanidade” e esixe transparencia: “por unha vez equivóquense e fagan as cousas ben”

Santiago de Compostela, 06 de marzo de 2024. O parlamentario socialista durante a pandemia Julio Torrado esixiulle ao presidente da Xunta que explique “con claridade” o que fixeron cos 159 millóns de euros de fondos covid destinados á sanidade que o Estado entregou en 2020 e que o goberno galego “desviou con destino incerto”. Lembrou o informe do Consello de Contas que dera a luz de alarma logo de fiscalizar a xestión dos fondos por parte da Xunta.

 

Esixiulle ao presidente do goberno en funcións que “dea a cara e deixe de agocharse como fixo durante a campaña” para que salga canto antes a dar tódalas explicacións pertinentes sobre a xestión destes fondos coa maior celeridade, e antes incluso da constitución da nova Cámara autonómica para liberar de toda sombra de dúbida ao novo Executivo.

 

O responsable socialista lembra que no seu día negáronse a dar explicación algunha e mesmo a convocar unha Comisión de Investigación para “dar luz sobre un asunto escuro” demostrando as “peores prácticas dun PP ocultista coa súa xestión, que sistematicamente impide o control e fiscalización da súa acción de goberno”. Puntualiza que “é o momento de que digan a verdade do destino real deses 159 millóns de euros de cartos públicos”.

 

Apuntou que “é obvio que estamos todos de acordo na necesidade de aplicar a maior transparencia posible, e o PP ten que comezar a practicala, por unha vez equivóquense e fagan as cousas ben” e esixe que comecen a “predicar co exemplo”. Esixiulles clarificar o destino dunha “cantidade importante de fondos públicos” que “a día de hoxe non sabemos se os utilizaron para amortizar débeda, pero o que temos claro é que non foron destinados a gastos da pandemia”.

 

Torrado reclamou “saber en que se gastaron” os 159 millóns de euros logo de que o Consello de Contas alertara da desaparición desta partida da conta xeral da Xunta correspondente a 2020. Daquela, o estado enviara 735 millóns de euros de fondos covid, dos que 418 correspondían a fondos sanitarios, e o goberno galego “xustificou 259 millóns de euros, pero hai 159 que non están, non aparecen nas contas e non foron investidos en nada que fora sanidade”.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Artículo más reciente :

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal