Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

A Xunta de Galicia maltrata ás persoas maiores e pretende perpetuar esta situación para garantir o negocio ás empresas privadas que dependen de multinacionais

Información
18 Octubre 2024 - Sergas 1263 votos - Correo electrónico - Imprimir

Mar Sánchez Sierra por la boca de Feijóo AVISA: La corrupción de la Xunta  de Galicia fué un aula infantil comparado con lo que queremos hacer con  EspañaO Consello de Contas de Galicia, denunciou antes da Pandemia da COVID, importantes deficiencias e irregularidades nas Residencias de Maiores, que supoñían un risco para a saúde das persoas usuarias das mesmas. Este informe foi ignorado pola Xunta, polo que coa chegada da Pandemia non foro capaces de afrontar o problema  

A atención das persoas maiores en Residencias está practicamente privatizada:

En Galicia hai 22.000 prazas residenciais das que máis de 17.000 son de titularidade privada (77 %) e só 4.800 están en centros de titularidade pública

Feijoo transferiu as Residencias de Maiores de Galicia de mans públicas a empresas multinacionais e fondos de investimento:

Estas Residencias en Galicia, eran propiedade e estaban xestionadas pola Xunta e Caixanova, pero coa chegada ao poder de Feijóo, foron cedidas á empresa Geriatros: O 45% pasou a mans de Nova Galicia Banco (que tras o seu rescate, cambiou de nome por Abanca),  co compromiso de que seguiran sendo públicas (algo claramente incumprido). Geriatros vendeu o outro 55% ao fondo de Magnum Capital  e a Eulen (da que era apoderada Micaela Nuñez Feijóo,  irmá do presidente). Trala fusión de Geriatros con SARquavitae (propiedade do fondo británico ICG e o francés SRS)  xurdiu DomusVi que é a principal operadora de Residencias con 25.000 camas e 198 centros en todo o estado. No negocio das residencias hai tamén construtoras (ACS, Sacyr, Eulen), aseguradoras (BUPA, Santa Lucía), empresas que non teñen ningunha experiencia no sector e que se enriqueceron cos contratos coa Xanta.

A mortalidade nas Residencias de Maiores durante a Pandemia, afectou máis as Residencias privadas e nas de maior tamaño en número de Residentes:

As principais causas desta situación teñen que ver con:

1º. A idade das persoas afectadas: na primeira onda da Covid, o 86% dos falecidos foron persoas maiores de 70 anos.

2º. A titularidade Privada das residencias: a incidencia da COVID nas Residencias privadas foi o dobre que nas públicas: O 94,3% dos falecidos, foron en Residencias de titularidade privada ou xestión privada, mentres o 5,7% producíronse en residencias  xestionadas directamente pola Xunta. Dos 790 mortos en centros de maiores (na primeira onda da pandemia) 710 foron nas privadas e 80 en Residencias de titularidade autonómica (a metade delas en centros de xestión privada). As entidade con máis falecidos nas primeiras ondas, foron DomusVi con 161 usuarios),  seguida pola Fundación San Rosendo (do bispado de Ourense), con 106. Entre as dúas sumaron o 53% do total de mortes nos 9 primeiros meses dá pandemia.

3º. O tamaño dos centros: as Residencias de tamaño medio (entre 60 e 120 usuarios) e as máis grandes (máis de 120 residentes ) tiveron o dobre de incidencia que as máis pequenas (25% fronte ao 13%)

4º. A falta de persoal sanitario do que carecían, tanto de persoal médico como de enfermaría motivou que a maioría das mortes no tiveron atención sanitaria, illados durante días ou semanas nas súas habilitacións, sen recibir coidados paliativos ou sedación. En moitas Residencias, o persoal carecía de cualificación para os labores que debían realizar o que unido aos baixos soldos e a precariedade  laboral, o amontoamento de usuarios nos centros, obrigou ao persoal para atender un número moi elevado de residentes  e a xornadas de traballo extenuantes. 

Ata a chegada das vacinas o 41% das mortes en Galicia rexistráronse en centros de maiores que carecían de preparación, protocolos e plans de continxencia sen coordinación cos servizos sanitarios, sociais e de Saúde Pública (este Servizo é practicamente inexistente por falta de orzamento é e de persoal). Hai evidencia de que se tratou sistematicamente a persoas con síntomas con cócteles de hidroxicloroquina, azitromicina e antivirais desaconsellados pola OMS e polas principais revistas científicas  pola falta de efectividade ou os efectos secundarios nas persoas fráxiles pola idade.

A Xunta apenas inspecciona as Residencias:

A Xunta foi reducindo as inspeccións, pasando de visitar o 100% ao 40% en poucos anos e nas que se realizan non se corrixen as deficiencias atopadas. A Asociación Galega de Inspectores e Inspectoras de Servizos Sociais denunciou que a Xunta avisa ás residencias de cando se farán os controis (cunha semana de antelación), para que poden ocultar as súas irregularidades e ilegalidades e así burlar a supervisión.

O Ministerio de Asuntos Sociais e as Comunidades Autónomas acordaron un novo modelo para acabar con esta situación:

  • Os centros non poderán superar as 75 prazas residenciais nas zonas rurais ou zonas escasamente poboadas; as 90 prazas en localidades ou zonas de densidade intermedia e as 120 prazas cando estean situados en cidades ou zonas densamente poboadas.
  • Auméntase o persoal, fixando un mínimo de 80% prazas de contratos indefinidos e un 66% de contratos a tempo completo (50% no caso da axuda a domicilio).

Alfonso Rueda négase a aplicar este novo modelo de Residencias cordados polo Ministerio e as CCAA e aposta por manter residencias privadas, grandes, con menos traballadores.

  • Presentou un plan ao Parlamento que establece en 150 prazas as das Residencias (30 máis que as acordadas).
  • Rebaixa a 35 os profesionais por cada 100 usuarios dependentes, e a 20 para atender aos autónomos, consolidando así o vello modelo de “macro-residencias” (agora estase anunciando a construción de novas Residencias con máis de 200 prazas)
  • Mantén a privatización dado que as doadas á Xunta pola Fundación Amancio Ortega, para ser de titularidade pública, foron privatizadas.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

social youtube xornalgalicia   feed-image

publicidad unete juntos haremosgrandescosas

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal