A Xunta de Galicia vulnera un dereito fundamental da poboación como é coñecer a información sobre as listas de espera na Sanidade Pública e recibir asistencia a tempo
1. Incumpre a obrigación de publicar, na WEB do SERGAS cada trimestre, información sobre número de pacientes e o tempo medio de espera cirúrxica, primeiras consultas e probas diagnósticas desagregados por especialidades e centros sanitarios. Aínda que nos últimos anos víñao realizando cada seis meses, no 2024 leva máis de 10 meses sen cumprir esta obrigación (a última publicación foi en decembro do 2023).
2. Estas listas están maquilladas dado que non se publican as listas non estruturais, que de acordo a investigacións non oficiais (son Secreto de Estado para a Xunta) acumulan practicamente o mesmo número de pacientes que as publicadas
3.- Segundo o publicado polo Ministerio de Sanidade (con datos de xuño deste ano) as listas de espera cirúrxica en Galicia creceron un 6%, pasando de 67,9 a 71dias en seis meses
4. Utilizando a escasa información dispoñible, e como son acumulativas, podemos afirmar que desde o momento en que unha persoa séntese enferma e acode ao sistema sanitario pasan 9 días para ser atendida no seu Centro de Saúde, 72 para unha primeira consulta hospitalaria, 113 para probas radiolóxicas (RX, TAC, RNM ou Ecografías), e posteriormente 71 días para ser operada, polo que a espera real para operarse é de 263 días de media (hai moitos paciente que tardan anos en ser operados).
5. En base a todo isto podemos afirmar, sen risco a equivocación, que moitas persoas enfermas poden falecer por enfermidades curables ou sufrir agravamentos e complicacións por non recibir atención a tempo.
6.- Os seguros privados complementarios, ofertados polas aseguradoras a baixo coste para captar clientes, no son a solución, xa que segundo a patronal están tamén desbordados con esperas de unha semana o mais para consultas urxentes e tres meses e mais para especialistas.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma