Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA

Información
24 Enero 2023 - Sergas 21788 votos - Correo electrónico - Imprimir

Julio Torrado 240123 03O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao conselleiro de Sanidade de “deixar abandonada á cidadanía” porque teñen “decidido que o problema sanitario non vai con vostedes”. O responsable socialista interveu na comparecencia do conselleiro de Sanidade no Parlamento para acusalo de estar “desorientado” fronte á situación “máis crítica que se lembra” na atención primaria galega.

Torrado lamentou que o conselleiro empregara a comparecencia de hoxe para falar unicamente dos programas de prevención de saúde pública para presentar “refritos” de “plans xa anunciados e incumpridos” cando para este ano teñen orzamentado 5 veces menos que antes da pandemia no programa de protección e promoción da saúde pública.

 

Lembrou que este programa pasou de contar con 75 millóns de euros en 2019 a apenas 15 en 2023, mentres o goberno galego ten renunciado este mesmo ano a convocar o 40 por cento das prazas MIR en Medicina Preventiva e Saúde Pública dispoñibles.

 

O responsable socialista lembrou que o PP e o goberno galego rexeitaran de plano a proposta do Grupo Socialista para encetar un plan de choque para mellorar a capacidade diagnóstica do sistema sanitario galego. Alertou de que a capacidade diagnóstica se ten reducido entre un 10 e un 20 por cento durante a pandemia, pero o goberno galego negouse a poñer en marcha un Plan de Diagnóstico Avanzado.

 

Sinalou o perigo dun diagnóstico tardío en oncoloxía, pero lembrou que o goberno galego ten renunciado este mesmo ano a convocar o 25 por cento das prazas de oncoloxía dispoñibles. Torrado lamentou que o conselleiro falara hoxe da revisión sanitaria de establecementos de tatuaxes e piercings e dos baños públicos, “que está moi ben, pero non mencionan nada da presenza de gas radón en Galicia, a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaquismo”.

 

Apuntou que os galegos e as galegas están “preocupados por que non teñen cita no Centro de Saúde ou do retraso moi longo na cirurxía ou da atención hospitalaria”, e criticou que “renuncia a ser conselleiro de sanidade da maior parte do sistema para vir falar dunha área á que lle dedican 5 veces menos orzamento que en 2019”.

 

MIR

 

Torrado criticou que o goberno galego deixara sen convocar máis de 100 prazas MIR dispoñibles este ano “sen que ninguén dera unha explicación”, mentes o conselleiro atende impasible á situación crítica da sanidade galega. Explicou que a sanidade galega está na cola de España en recursos, recibe renuncias dos responsables sanitarios “de forma habitual”, ten áreas sanitarias con “gravísimos problemas”, como Pontevedra – Salnés ou Santiago, e as urxencias “saturadas”.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal