Chama a atención, que cada vez que a Xunta toma decisións sobre a sanidade pública sempre é para privatizala ou desmontala, pasando recursos humáns e económicos ás corporacións sanitarias privadas, e chama aínda máis a atención: a satisfacción dos colexios médicos, cuxa función esencial tiña que ser: a de vixiar o cumprimento da deontoloxía médica e das leis. Agora, ca decisión do goberno galego de retorcer a legalidade para ceder aos centros privados xs xefxs de servizo e especialistas do Servizo Galego de Saúde, incumplen a normativa legal.
Aínda que a Xunta busque subterfuxios, dicindo que concerta patoloxías concretas e non centros privados en xeral, segue a incumprir de forma flagrante unha lei de rango superior, e isto é moi grave. Polo tanto a AGDSP manifesta o seguinte:
1º.- A lei de Incompatibilidades dxs empregadxs públicos é moi clara. Segundo a súa redacción, xs médicxs do SNS non poder cobrar dous salarios públicos, incluíndo a efectos desta lei como salario público o dxs traballadorxs dos centros concertados. Resumindo, xs médicxs do Sergas non poden traballar en ningún centro concertado, independentemente das patoloxías e xs pacientes que atendan.
2º.- A lei tamén advirte que xs médicxs non poden atender na súa privada a pacientes da área sanitaria a que pertencen, xa que lles corresponde atendelos na súa consulta dos centros públicos, evitando conflitos de intereses e favoritismos.
3º.- Esta decisión do goberno de Rueda, non só e ilegal, senón tamén inexplicable, dada a falta de médicxs no sistema público e as enormes listas de agarda, incrementadas na pandemia. Aínda estamos á espera do plan do goberno popular desde o fin do confinamento, en xuño de 2020 (e xa van dous anos e medio) para poñer o Sergas a toda máquina e que xs pacientes sexan atendidxs en tempo e forma, que están chegando moi tarde e as veces as súas enfermidades están demasiado avanzadas e xa non poden ser curadxs.
4º.- Despois de agardar por un plan do goberno desde hai máis de dous anos (Conclusións dos traballos das 15 Comisións Técnicas do Consello Técnico de AP de Galicia) para incrementar a actividade no Sergas e facer polas tardes as consultas, cirurxías e probas diagnósticas que non puideron facerse, que contaría coa participación de moitxs profesionais, o goberno da Xunta nos sae con esta ocorrencia ilegal: a de abrir as portas da privada de par en par, co único obxectivo de atender ás peticións das empresas sanitarias, que queren quedarse cxs profesionais da pública a baixo prezo.
5º.- Pagarlles a exclusividade xs que traballan tamén na privada, xa é un despropósito e a desmotivación para xs empregadxs públicos que non ven compensada a súa dedicación en exclusiva a Sanidade Pública Galega.
6º.- As malas condicións económicas e laborais dxs profesionais médicxs, teñen moito que ver con este pruriemprego entre xs médicxs.
Exiximos a retirada desta medida e o cumprimento da legalidade
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma
- AGDSP DENUNCIA as falsedades da Conselleria Sanidade sobre Atención Primaria que esta destruindo o PP