Pese a crise do Sistema Sanitario Público, todo seguirá igual. O gasto sanitario previsto nos orzamentos, DECRECE nun 0,7%.
- O crecemento do orzamento é do 4,4% respecto do 2024, pero si descontamos a inflación actual (5,5%) o crecemento real é negativo (-0,7%), e dicir: a Xunta non ten previsto novos recursos para abordar a crise do Sistema Sanitario Público Galego.
- A partida para Atención Hospitalaria, pese a ser moi superior a de Atención Primaria, experimenta un descenso real do -0,7%, insuficiente para reducir as listas de agarda e completar as reformas hospitalarias que levan anos pendentes.
- O orzamento para toda a rede de hospitais públicos (29 en total) apenas crece en 168 millóns de euros, mantendo o 65,3% do gasto sanitario. As obras de ampliación do hospital de Pontevedra (que levan mais de 24 anos esperando) recibirán apenas 41 millóns (71 se incluímos equipamento); o da construción do novo CHUAC de A Coruña sufre un recorte de 63 millóns respecto aos 100 previstos no pasado ano.
- Mantén a situación de recortes e marxinación da Atención Primaria que ten gravísimos problemas de accesibilidade, integralidade e perda de calidade: O gasto para Atención Primaria sube unicamente 5 décimas, quedando no 14,7% do total sanitario. Con esta escasa suba, tardarase máis de 30 anos en alcanzar o 25% recomendado pola Organización Mundial da Saúde e as organizacions profesionais da Atención Primaria.
- O gasto en receitas de farmacia segue moi elevado e das poucas partidas que crecen. Supón o 17,6% (dos puntos máis co de AP) cunha suba real do 1,5% (sen a inflación).
- Perpetúanse así a precariedade do Servizo de Saúde Pública necesario para facer fronte a novas epidemias (pese a experiencia da COVID): Non crecen os cartos para protección e promoción de saúde, mantendo un raquítico 0,4% do orzamento total.
- Mantense a precariedade da partida para formación, pese a urxencia de mellorar a cualificación do persoal. O gasto para formación experimenta una suba de apenas 6 millóns o que supón manter o 1,6% do orzamento.
- Apenas se destinan recursos a investigación que é crave para garantir un sistema sanitario público de calidade e que dé respostas axustadas ás necesidades reais da poboación: unicamente recibe o 0,4% do total do gasto.
TABLAS
Distribución do orzamento sanitario 2024 - 2025 Xunta de Galicia |
|||
2024 |
2025 |
Variación |
|
Atención Hospitalaria |
65,30% |
65,30% |
Igual |
Atención Primaria |
14,20% |
14,70% |
Suba 5 decimas |
Receitas farmacia |
17,10% |
17,60% |
Suba 5 decimas |
Protección e promoción da saúde |
0,40% |
0,40% |
Igual |
Formación do persoal |
1,60% |
1,60% |
Igual |
Investigación |
0,50% |
0,40% |
Descenso 1 decima |
Orzamento sanitario e total de Galicia 2024-2025 |
|||
Miles de millóns |
2024 |
2025 |
Variación 2024-2025 |
Atención Hospitalaria |
3.310 |
3.478 |
4,8 |
Atención Primaria |
718 |
771 |
6,8 |
Receitas |
866 |
917 |
5,5 |
Protección e promoción saúde |
18 |
19 |
5,2 |
Formación do persoal |
78 |
83 |
6 |
Investigación |
22 |
19 |
-13 |
Total orzamento sanitario |
5.070 |
5.332 |
4,9 ( descenso 0,6% descontando inflación) |
Total orzamento Galicia |
13.257 |
13.954 |
4,9 (descenso 0,6% descontando inflación) |
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma