Tras o inaceptable exercicio de ocultación do Ministerio de Sanidade das listas de espera, ao publicalas tres meses despois dos establecido (31 de decembro do 2022), agora a Conselleria de Sanidade saca peito presumindo de ser a cuarta comunidade con menores listas.
Desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos saír ao paso de semellante desvergoña:
1. Non se pode presumir de estar á cabeza dunhas listas inaceptables mo Estado, consecuencia da política de recortes do Sistema Sanitario Público e da falta de un plan extraordinario para abordalas despois da COVID
2. En Galicia o numero de persoas que esperan unha intervención cirúrxica é de 43.544, un 25% superior ao de decembro do 2019, en plena pandemia.
3. As que esperan para unha primeira consulta con algunha especialidade hospitalaria derivadas desde a Atención Primaria ascenden a 215. 620, un 22% mais que o ano 2019
4. O tempo medio de espera dunha persoa enferma para ser operada é de 75 días, un 28% mais que en 2019 mentres que o de consulta co especialista hospitalario é de mais de dous meses, un 57% superior ao do 2019
5. Se sumamos os tempos médicos para unha consulta no Centro de saúde (mais de 7 días, que poden chegar aos quince), o de visita a especialista hospitalario, ao de probas diagnósticas (mais de tres mes de media) e o intervención cirúrxica, unha persoa enferma que necesita operarse tarda de promedio 238 de media en facelo (hai persoas que poden esperar mais dun ou dous anos.
6. A Conselleria de Sanidade non ten en marcha ningún plan extraordinario para afrontar este enorme tapón de enfermidade tras a COVID. É escandaloso que os hospitais Públicos non estean a utilizar a pleno rendemento os seus recursos para reducir as litas ao traballar media xornada (consulta, probas diagnósticas e quirófano non teñen apenas actividade pola tarde).
7. Para rematar a faena o SERGAS acaba de autorizar aos seus médicos para a traballar nos centros privados concertados en lugar de que traballen pola tarde nos públicos (voluntariamente e ben remunerados)
Hai unha clara estratexia de privatizar o Sistema Sanitario Público por parte da Xunta que incrementa a actividade concertada con hospitais privados como única estratexia para reducir as listas e de de apoiar os seguros privados que soben exponencialmente (a pesar de que tamén ten importantes listas de espera)
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma