Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Non é certo que a ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado vaia quedar en Sanxenxo ata o mes de outubro, como afirma o BNG.

Información
20 Agosto 2024 - Sergas 4447 votos - Correo electrónico - Imprimir

Leticia Santos, alcaldesa de Moaña "Si me arrepiento de algo en el Camino  Escolar Seguro de Tirán es que daba por hecho que los vecinos estaban  informados y no fue así" -A Xunta asegura que a ambulancia medicalizada desprazada a Sanxenxo volverá á base do Hospital do Salnés en setembro, como vén sendo habitual.

O Executivo galego empraza ao BNG a informarse antes de lanzar falsas acusacións e informacións que non responden á realidade en relación aos dispositivos asistenciais que a Consellería de Sanidade e, en concreto, a Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia 061, ten dispostos no concello de Vilagarcía de Arousa.

Non é certo que a ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado vaia quedar en Sanxenxo ata o mes de outubro, como afirma o BNG.

Como vén sendo habitual, e por razóns plenamente xustificadas como é o forte aumento da poboación durante o verán, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 incorpora, entre o 1 de xullo e ata o 31 de agosto, unha ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado a Sanxenxo.

Esa medida é de carácter temporal e sustentada en estudos que a Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061 realiza periodicamente co obxectivo de mellorar a calidade do servizo ao conxunto da poboación. Eses estudos teñen en conta parámetros como o volume de poboación, a tipoloxía da demanda sanitaria, a frecuencia da actividade asistencial das ambulancias e os seus tempos de resposta, entre outros.

A esas razóns de cobertura asistencial únense, ademais, este ano, as obras de mellora da base da ambulancia en Vilagarcía de Arousa que se están a realizar. No Plan de actuacións de reforma, modernización, accesibilidade, adaptación e adecuación das infraestruturas das bases da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061 inclúese a mellora da ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés. As obras, que supoñen un investimento de 155.000 euros, consisten na ampliación de espazos e na adecuación das separacións e corredores correspondentes, así como a creación de 4 dormitorios, sala de reunións, vestiarios diferenciados por sexos, almacén e construción dunha nova estancia que independiza totalmente os desprazamentos do hospital ao mortuorio do resto das zonas de traballo. As obras remataranse en cuestión de semanas, estando previsto o retorno da ambulancia medicalizada á súa base habitual o día 31 deste mes de agosto.

Polo tanto, ás razóns asistenciais habituais, de desprazamento temporal da ambulancia medicalizada a Sanxenxo, únese este ano a imposibilidade de manterse na súa localización habitual por mor das obras.

Co cambio de ubicación da ambulancia medicalizada no verán o 061 de Galicia conta durante as 24 horas nos meses de verán cunha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado no centro de saúde de Baltar, situado entre as localidades de Sanxenxo e Portonovo, que dá cobertura sanitaria, non só ao concello de Sanxenxo, senón tamén a Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Ribadumia. O equipamento deste recurso permite prestar asistencia médica in situ a pacientes de extrema gravidade e asistilos durante o traslado ao centro hospitalario.

Ademais, nos meses de xullo e agosto a cobertura sanitaria na bisbarra refórzase cunha ambulancia asistencial de soporte vital básico  que ten a súa base no concello de Vilagarcía de Arousa. Esta ambulancia conta cunha dotación de dous técnicos en emerxencias sanitarias e, como o resto de unidades asistenciais da rede de transporte sanitario urxente do 061, está dotada cun desfibrilador externo semiautomático.

Desde o ano 2019, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 incrementou a cobertura sanitaria na comarca do Salnés ampliando o período de prestación do servizo da ambulancia asistencial medicalizada de soporte vital avanzado con base no Salnés ata os 365 días, as 24 horas ao día, a diferenza dos anos anteriores nos que esta ambulancia unicamente prestaba asistencia sanitaria nos meses de xullo e agosto. O reforzo da bisbarra ampliouse, tamén, coa incorporación dunha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado de enfermería con base en Pontevedra.

O Executivo galego lémbralle, ademais, ao BNG que os traslados secundarios do Hospital do Salnés os asume, na súa meirande parte, o propio centro hospitalario (agás os códigos 1 e ictus) o que significa que as ambulancias do 061 están máis tempo libres para atender as emerxencias extrahospitalarias.

A Xunta remarca que os dispositivos asistenciais dos que dispón a Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia 061 están dispoñibles para calquera emerxencia que poida xurdir en calquera parte da comunidade.

social youtube xornalgalicia   feed-image