Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar a opinión pública que Xunta de Galicia vende fume na celebración os cen días do Goberno presidido polo señor Rueda na Sanidade Pública, con actos publicitarios na Cidade da Cultura:
1.- A política da Consellería de Sanidade e mais do mesmo, presidida por un profesional proveniente da atención hospitalaria que dedicou súa actividade profesional a conseguir parataxe tecnolóxico, moitas veces innecesario e a manter relacións coas empresas multinacionais da Farmaindustria das que percibiu fondos, deixando a súa sorte o nivel primario.
2.- A Atención Primaria segue en crise pola falta de orzamento, de persoal e equipamento. As medidas anunciadas para este verán pódense catalogar de ocorrencias como médicos itinerantes, ofertar apartamentos a médicos de fora de Galicia, darlle responsabilidades asistenciais a médicos en formación, fechar consultas ou trasladar ambulancias de lugar. Como consecuencia desapareceu dos Centros de Saúde a promoción, prevención rehabilitación ou o traballo Comunitario
3.- Esta estratexia afonda os problemas de escaseza orzamentaria (12% a metade no 25% recomendado), falta de pediatría, de persoal de tódalas categorías e os peches de Centros de Saude periféricos no rural, probablemente para sempre (aínda quedan 65 despois da poda dos últimos anos), deixando sen atención a poboación que mais a necesita.
4.- Incrementar a privatización hospitalaria grazas aos concertos coa privada consecuencia da falta de aproveitamento dos públicos que soamente traballan a metade da xornada mentres os privados concertados traballan día e noite. A renovación do Concerto Singular con POVISA e un escándalo, mentres o Cunqueiro traballa a baixo rendemento.
5.- As Listas de Espera seguen sendo maquilladas ocultando a miles de persoas enfermas que deben esperar meses ou anos para ser consultadas ou operadas. O Conselleiro foi claro ao dicir que no lle importa nada estas listas.
6.- Mantense a precariedade do persial sanitario
En definitiva una política destinada a manter o desmantelamento da Sanidade Pública para favorecer a privada con concertos ou aos seguros privados (que se poden catalogar na maioría dos casos de lixo).
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma