Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Denuncian que Rueda está xogando coa xuventude

Información
18 Octubre 2024 - Son Noticia 536 votos - Correo electrónico - Imprimir

20241018_NP_XURXO_ALUGUER.jpg

Denuncian que Rueda está xogando coa xuventude: "Presentan os orzamentos como anuncios de televisión mentres bloquean a axuda á vivenda"

  • Xurxo Doval non escatimou críticas: "Levamos 14 anos cun goberno do PP que nin fai nin deixa facer. Cando falamos de vivenda, estamos a falar de oportunidades de vida para a mocidade, e o que fai o PP é poñerlle un tapón a esas oportunidades"

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024

 

O Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval, cargou hoxe duramente contra o goberno do PP na Xunta de Galicia, acusándoos de estar "a xogar coa xuventude galega" en materia de vivenda. Nunha rolda de prensa, Doval puxo o foco na falta de execución das axudas de alugueiro para mozos e mozas, ao tempo que criticou a presentación fragmentada dos orzamentos da Xunta, "como se fosen anuncios de televisión, sen ningún tipo de transparencia nin respecto polos galegos."

 

Doval non escatimou críticas: "Levamos 14 anos cun goberno do PP que nin fai nin deixa facer. Cando falamos de vivenda, estamos a falar de oportunidades de vida para a mocidade, e o que fai o PP é poñerlle un tapón a esas oportunidades", sentenciou. Lembrou que desde 2018 o Goberno de España transferiu case 500 millóns de euros a Galicia para políticas de vivenda, pero a Xunta, en vez de usalos para facilitar o acceso á vivenda, "atrasou o proceso e, en plena crise, manda mensaxes de móbil dicindo que xa non hai cartos para axudas".

 

Críticas á opacidade nos orzamentos da Xunta

 

Doval foi especialmente contundente coa forma en que a Xunta está a manexar a presentación dos orzamentos. "Non só temos unha Xunta que non resolve as

 

 

 

 

axudas de vivenda, senón que agora, a menos de dous meses de rematar o ano, están a presentar os orzamentos por fascículos, como quen vende unha telenovela. Non saben como xestionar a súa propia incompetencia e póñense a facer propaganda cos cartos de todos", denunciou.

 

Para Doval, esta actitude do goberno galego "é un insulto á cidadanía e, especialmente, á xuventude que quere emanciparse. O que non pode facer o PP é presentarse como salvadores cando en 14 anos só construíron 21 vivendas de protección oficial. Mentres o Goberno de España está a impulsar a construción de 180.000 vivendas, das que 1.400 serán en Galicia, a Xunta do PP limítase a bloquear e atrasar todo".

 

Exixe un cambio inmediato de rumbo

 

O líder das Xuventudes Socialistas esixiu un cambio inmediato na política de vivenda da Xunta e reclamou que se execute de inmediato a nova partida do bono de alugueiro sen a burocracia "intencionadamente absurda" que impoñen. "Non queremos anuncios baleiros nin máis trabas. Queremos solucións reais para a xuventude galega. É hora de que o PP deixe de poñer paus nas rodas e comece a traballar de verdade pola vivenda en Galicia."

 

Doval rematou facendo un chamamento á Xunta para que "deixe de boicotear as medidas do Goberno de España" e que se implique dunha vez en garantir o acceso á vivenda, recordando que esta é unha competencia autonómica. "Se a Xunta non é capaz de xestionar os fondos transferidos, que se aparten e deixen traballar aos que si queremos que Galicia avance", concluíu

social youtube xornalgalicia   feed-image

Antes que Mar Sánchez Sierra, Carmen Gamir dejaba ver que "Yo También Quise  al Presidente y un Vínculo con el Liderazgo".Especial la Cara Oculta de San Valentin. Mujeres sin recursos que triunfan como rémoras ante los hombres que ostentan el poder

 Feijóo según su declaración del Congreso de los Diputados sigue soletero a día de hoy.  PP Madrid 62 años Soltero...+

En una sociedad donde el acceso a recursos y oportunidades suele estar condicionado por el estatus económico y social, muchas mujeres han encontrado en su capacidad de adaptación y estrategia un medio para alcanzar el éxito. En un mundo donde el poder a menudo está concentrado en manos masculinas, algunas mujeres sin recursos han logrado ascender aprovechando su cercanía a estos centros de influencia......Seguir leyendo..+