Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O BNG reclama a limpeza e a apertura do edificio do Lavadoiro das Cascas

Información
26 Julio 2024 - Son Noticia 727 votos - Correo electrónico - Imprimir

GM_BZ.jpegAmelia Sánchez: “Trátase dun edificio cunha forte carga simbólica e histórica, parte do patrimonio indiano de Betanzos e un lugar excepcional para a realización de pequenos actos culturais, cómpre apostar por el”

Betanzos, 26 de xullo de 2024.- O BNG de Betanzos presentou unha iniciativa plenaria para instar ao goberno do PSOE a que atenda o edificio do Lavadoiro das Cascas, parte da herdanza dos irmáns García Naveira, que presenta un estado moi mellorábel e que permanece pechado para o seu uso e para a súa visita.

En palabras da súa voceira, Amelia Sánchez, “a veciñanza e as persoas que visitan Betanzos amosáronnos o seu malestar polo estado do Lavadoiro das Cascas. Ademais do feito de este estar pechado ao público, chama a atención o lamentábel estado que presenta: pintadas en todos os muros, suciedade, restos de comida e de cartóns etc”.

As nacionalistas solicitaron que se adecuara o estado deste edificio e que se desenvolveran labores de limpeza e de mantemento do edificio do Lavadoiro das Cascas. 

Xa en anos pasados, no BNG tiñan urxido ao goberno local a acometer melloras no edificio. Así, despois de que o PSOE anunciase en abril do ano 2019 novas obras no interior do lavadoiro das Cascas, tras ser pintado e amañado o exterior con cargo ao POS da Deputación da Coruña, as nacionalistas solicitaran a cuarta fase da rehabilitación do lavadoiro que os García Naveira deixaran á veciñanza de Betanzos. Esta cuarta fase da rehabilitación permitiría a completa recuperación deste espazo tan emblemático e permitiría a súa apertura para o uso e desfrute do local.

“Trátase dun edificio cunha forte carga simbólica e histórica, parte do patrimonio indiano de Betanzos e un lugar excepcional para a realización de pequenos actos culturais, cómpre apostar por el”, insistiu Sánchez.

social youtube xornalgalicia   feed-image