Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que presente este mesmo ano o Plan estratéxico de Servizos Sociais

Información
21 Agosto 2024 - Son Noticia 806 votos - Correo electrónico - Imprimir

Silvia_Longueira_110724_01.jpgSilvia Longueira lembra que o goberno galego leva 16 anos incumprindo a Lei de Servizos Sociais que obriga a aprobar un Plan, fundamental para a regulación dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que cumpra coa Lei e presente antes de que remate o ano o Plan Estratéxico de Servizos Sociais. Longueira lembra que este Plan é fundamental para o desenvolvemento da Lei no que ten que ver coa regulación dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal.

 

A responsable socialista explica que a presentación deste Plan, que tería unha vixencia de 6 anos, é unha obriga fixada pola Lei de Servizos Sociais de 2008, que deposita na Xunta o liderado do Sistema de Servizos Sociais. Sen embargo, o goberno galego suma xa 16 anos de retraso para asumir as súas competencias neste sentido, cunha política de “brazos caídos” que “explica de forma cristalina o seu nulo interese no desenvolvemento dos Servizos Sociais”.

 

Critica a “falla de implicación da Xunta no liderado do sistema galego de servizos sociais”, ao negarse “de facto” a cumprir coa súa obriga de elaborar o Plan que, segundo a Lei de Servizos Sociais, debera ser formulado en función das necesidades sociais da cidadanía galega. Ademais, o proceso debería contar coa participación das entidades sociais, para ser aprobado a continuación polo Consello da Xunta de Galicia.

 

Longueira lamenta que o desinterese amosado polo goberno galego os leve a incumprir a Lei durante os últimos 16 anos, amosando que o actual Executivo do PP ten “alerxia tanto da presentación dos servizos sociais como da participación da cidadanía a través das entidades locais”.

social youtube xornalgalicia   feed-image