Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Venezuela. Eleccións democráticas ou pantomima chavista?

Información
03 Agosto 2024 - Son Noticia 850 votos - Correo electrónico - Imprimir

Venezuela_urna.pngOs resultados electorais das eleccións presidenciais celebradas en Venezuela este domingo 28 de xullo, están sendo cuestionados pola comunidade internacional.
Dende o Partido Galego apostamos pola política da non inxerencia externa nas decisións dos pobos. Consideramos esta cuestión como primordial, tanto polo respecto á soberanía de cada país, como polas repercusións que traen as inxerencias. A autonomía e a liberdade das xentes de cada pobo debe ser respectada sempre. Tampouco as sospeitas permanentes son boas compañeiras para dar opinións obxectivas e rigorosas.

Consideramos que as posicións políticas sobre os resultados electorais dos pobos e países deberían cinguirse ás avaliacións con datos verificables proporcionados polos gobernos dos diferentes países, para recoñecer ou poñer en dúbida aos novos gobernantes electos.
Unha vez expostas as nosas liñas principais de conduta, tamén consideramos que dada a actual conxuntura política, non podemos quedar calados. Coa pretensión de sermos útiles neste senso, valoramos como erros políticos por parte do actual goberno de Venezuela as seguintes cuestións:
- A limitación do dereito ao voto do electorado emigrante dese país, que está na contorna dos 8 millóns de cidadáns, dos cales nin o 1% puideron votar.
- Que existan líderes políticos no cárcere, constata a existencia dun réxime político cun control férreo das estruturas do poder do estado.
- Que a Plataforma Unitaria Democrática (PDU) indicase ao longo da xornada electoral incidencias evidencia que existiron anomalías ou alteracións durante a xornada electoral.
- Deberían facerse públicas as actas de todas as mesas electorais, asinadas polos representantes das diferentes opcións políticas, indicando claramente os resultados e incidencias se as hai.
Apostamos pola pedagoxía política, para crear unha sociedade máis xusta, máis autocrítica e con valores democráticos, un reto que debe adquirir o goberno venezolano.
No Partido Galego, defendemos con orgullo estes valores, que consideramos son os que impregnan a nosa liña política xunto co galeguismo que é a idiosincrasia do noso pobo.
Animamos a comunidade galega en Venezuela que independentemente da opción política que apoie, colabore na normalización e estabilidade política, sempre na acción pacifista, nos valores democráticos e o respecto aos dereitos humanos.
Cremos que o pobo venezolano debe loitar por conseguir unha política do consenso e non da confrontación que leva padecendo en décadas, con golpes de estado, cun conflito civil de baixa intensidade e permitindo inxerencias externas.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal