Denuncian o Baleirado do encoro de Peñarrubias en Covas (Rubiá)/Ourense de forma intencionada.

Información
Lumes | 23 Julio 2022 | 706 votos | Correo electrónico | Imprimir
  • MICAELA EULEN INCENDIOS FEIJOO EMBALSES

  • Ecoloxistas en acción Ourense vén de solicitar un informe ambiental do encoro de Peñarrubias á súa entidade xestora CHM-S.

  • Ecoloxistas en acción Ourense pregúntase se poderiamos estar ante unha "malpraxe" hidrolóxica?

  • Ecoloxistas en acción Ourense queren advertir de que este encoro non se puido utilizar para cargar hidroavións en incendios pasados pola baixada esaxerada do nivel da auga.

    13 de julio

  • Ecoloxistas en acción Ourense lembran: que a auga é necesaria para preservar os valores ecolóxicos do cauce, un encoro non é unha bañeira que se pode encher e baleirar coma un queira, hai vida que se perde en cada baleirado.

Chámase encoro de Peñarrubias en Covas (Rubiá) pódese localizar en //www.google.com/maps/place/Embalse+de+Pe%C3%B1arrubia/@42.4779457,-6.8216146,14z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0xd309990ff36a831:0x466f94abba9070e4!8m2!3d42.4625865!4d-6.8123247">Google está situado no curso do río Sil (Confederación Hidrográfica Miño-Sil), no límite entre as provincias de Ourense e a comarca do Bierzo, na provincia de León. A entidade xestora deste encoro é a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

Datos xerais

Río: Sil

Propietario do encoro: PRIVADO

Destino do encoro: ENERXÍA

Superficie do encoro (ha): 137 ha

Volume útil (hm3): 14 hm3

Volume total (hm3): 14 hm3

Cota máxima da avenida (m): 395 m

Cota normal máxima do encoro (m): 394 m

Ecoloxistas en acción Ourense vén de solicitar un informe ambiental á súa entidade xestora CHM-S sobre o encoro de Peñarrubias, pola súa extrema baixada de caudal dende principios de xullo, quedou moi turbinado nun período moi concreto; Segundo os veciños que viven na zona: “cada ano teñen lugar estes episodios de baleirado do encoro para facilitar a turbina, pero este ano, cando hai máis seca, o río discorre libremente”.

¿Poderíamos estar ante unha mala praxe á hora de xerar electricidade a baixo custo nun momento de prezos récord?

Levamos semanas falando da pouca chuvia, do moito que ten que cambiar o cidadán no seu día a día para aforrar auga, do cambio climático, pero en ningún momento avisan á poboación do baleirado dos encoros, xerando gran malestar entre os veciños por deixar a comarca sen auga.

As ecoloxistas  queremos advertir que en días pasados, no recente incendio que arrasou parte do enclave do Parque Natural da Enciña da Lastra, este encoro non podía ser utilizado para cargar hidroavións pola baixada esaxerada do nivel da auga.

As Ecoloxistas en acción Ourense advertimos tamén que a canle do encoro NON leva caudal, a partir do 22 de xullo segue baleira , a canle é a que transporta a auga ata a turbina.

Tanto o terreo que ocupan os pantanos e encoros como a auga que hai neles son de todos nós, as empresas son as encargadas da xestión destes recursos e o seu deber é coidalos.

Lembremos que a auga é necesaria para preservar os valores ecolóxicos do leito fluvial, tales como:

  • Os hábitats naturais que albergan unha certa riqueza de flora e fauna,

  • Funcións ambientais como a dilución de contaminantes,

  • O amortiguamento dos extremos climatolóxicos e hidrolóxicos,

  • A preservación da paisaxe.

Un encoro non é unha bañeira que podes encher e baleirar como queiras, hai vida que se perde en cada baleirado.

 Fotos Peñarrubias baleirado

social youtube xornalgalicia   feed-image