Imprimir

Levan á Xunta ante a Fiscalía como responsable da vaga de lumes

Información
Lumes | 17 Agosto 2022 | 775 votos

Diversas organizacións, ecoloxistas e sindicais, que conforman a plataforma Por un Monte Galego con Futuro presentaron denuncia ante a fiscalía pola inacción da Consellería de Medio Rural ante a vaga de lumes que arrasou nas últimas semanas ecosistemas de gran valor como o Parque Natural do Invernadeiro e Macizo Central ourensán, Serra do Courel, bisbarra de Valdeorras, Val de Monterrei, Montes da Cañiza, Montes da bisbarra do Ribeiro e Arenteiro…

Tamén solicitaron á Valedora do Pobo que actúe de oficio e investigue en profundidade a actuación do goberno galego na prevención e extinción dos incendios forestais para o esclarecemento das responsabilidades penais.Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión..

Sinalan que o dano producido polos incendios forestais, coa calcinación de miles de hectáreas de montes e destrución de ecosistemas, agravouse debido a que a maioría dos traballos de prevención de incendios previstos para o ano 2022 están sen facer a día de hoxe. Apenas se executou parte do Plan de prevención de incendios forestais presentado o 5 de maio de 2022 polo entón Presidente da Xunta de Galicia don Alberto Núñez Feijoo, cun orzamento de masi de 180 millóns de euros, que entre outras partidas, tiña previsto un investimento de 33 millóns de euros para prevención e intervir en 58.000 hectáreas de montes, 58.000 quilómetros de pistas…

Ademais sosteñen que o alcance e repercusión dos incendios forestais tería sido moito menor de activarse todo o operativo de “Tempada de Máximo Risco de Incendios” tal e como establece o PLADIGA 2022. Tendo en consideración a situación de alarma por risco extremo de incendio forestal, debíase ademais adoptar as medidas complementarias establecidas nos protocolos de Protección Civil tanto da comunidade autónoma como do Estado español.

“Os indicadores diarios de incendios forestais permitían vaticinar que, en caso de focos iniciais de incendio forestal, estes podían converterse con facilidade en Grandes Incendios Forestais como así lamentablemente pasou a partires do 14 de xullo” – subliña Xosé Santos voceiro da Plataforma Por un Monte Galego con Futuro – “Logo, producidos os primeiros focos iniciais, non se actuou en tempo e forma cos medios suficientes co fin de intentar controlar a súa expansión e minimizar os efectos dos lumes tanto nos ecosistemas como os danos económicos e sociais que se podían producir”.El Frijolismo se pone delante de la PANCARTA no conoce ni a Ignacio Sánchez  Galán ni a Ibertrola | Xornal Galicia

Desde a plataforma Por un Monte Galego con Futuro tamén destacan a dramatica situación que se viviron en aldeas e poboacións con varias casas calcinadas por uns incendios forestais incontrolados pola falla de medios especialmente entre o 14 e o 27 de xullo. Recalcan que o operativo para extinguir os incendios estivo desbordado desde o principio pola falla de medios técnicos, materiais e humanos. Así, as brigadas que entraban día si e día tamén con só 1, 2 ou 3 compoñentes cando a brigada forestal tipo dos servizos forestais de Galicia é de 5 compoñentes, as poucas autobombas dispoñibles estiveron sen cubrir as 24 horas do día por falla de condutores, houbo vehículos autobombas gardadas nos garaxes, brigadas de reforzo de verán das bases de helicópteros sen contratar, brigadas de concellos sen activar, vacantes e baixas do operativo de prevención e extinción de incendios forestais sen cubrir.

Consideran que o grado de mobilización do operativo de prevención e extinción de incendios foi equiparable ao que se activa durante unha precampaña nos meses de marzo, abril, maio, xuño. Mentres montes enteiros ardendo, os espazos naturais de máis valor de Galicia calcinándose e aldeas afectadas con casas queimadas.

Ademais alertan que no mes de xullo en Galicia queimáronse preto de 40.000 hectáreas con millóns de animais atrapados e mortos polo avance das lapas sen que haxa un protocolo de actuación para minimizar os efectos dos incendios sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente.

A plataforma agarda que a Fiscalía abra unha investigación ante o enorme prexuizo causado polo desleixo da Xunta. Xa que ademais do grave dano causado nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia, arrasando coa flora e fauna e afectando aos acuíferos e ecosistemas fluviais, tamén houbo unha perda de vivendas, instalacións e danos nas infraestruturas, fortes perdas económicas e sociais que poñen en risco a sustentabilidade e o futuro das bisbarras afectadas.Tal como adelantaba este Xornal, Feijóo paso de darle la puñalada a Ayuso a  liderar la traición contra Pablo Casado | Xornal Galicia

A Plataforma “Por un monte galego con futuro” está integrada polas seguintes entidades: 
Colectivos que a integran: A Estruga, A Rente do Chan-Pladever, A Ría Non se Vende, A Terra Non se Vende (ATNSV), Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Amigos da Terra, Anduxía, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación Ambiental Senda Nova, Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques “O Ourol de Anllóns”, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a defensa medioambiental Salvemos Monteferro, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), Asociación de Custodia do Territorio Brexa, Asociación Frouma, Asociación Medioambiental Galicia Ambiental, Asociación Medioambiental Grupo Lobo, Asociación Monte Galego, Asociación Montes de Galiza (MONTEGAL), Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), Asociación Naturalista Hispella, Asociación Rebinxe, Asociación Rexeneración Autóctona, Asociación Veciñal do Saviñao, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (FRUGA), Foro do Camiño, Fundación Eira, Greenpeace, Grupo Naturalista Hábitat, Instituto de Estudos Miñoráns, Mariña Patrimonio, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo «CÍES», Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Quercus Sonora, Salvemos as Fragas de Catasós, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), SOS Groba, SOS Suído Seixo, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Lumes
Visto: 775