Imprimir

Crece o gasto farmacéutico, en beneficio das multinacionais farmacéuticas

Información
Sergas | 22 Octubre 2021 | 5000 Votos

4f9cacd8 5516 44f9 8393 69d3e8214507

Análise e valoración  DOS orzamentos do SERGAS 2022:

Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, consideramos que a pesar da pandemia e os problemas de saúde acumulados na mesma, debe exixirse con urxencia as autoridades sanitarias , un esforzo extraordinario para inverter dende o SERGAS, pero vemos que só ten previsto incrementalo nun  0,2%, de 4.485 millóns a 4.494 para o ano 2022.

 

1.- Prosegue o desmantelamento da Atención Primaria, a pesar dos problemas de acceso da poboación aos Centros de Saúde, sometida a graves limitacións para as consultas presenciais, hexemonía das consultas telefónicas, colas e listas de espera que superan os 10 días ou máis, en moitos lugares. 

2.- En Atención Hospitalaria non esta previsto ningún plan urxente para reducir as listas de espera acumuladas na pandemia. É urxente aumentar a actividade cirúrxica, as probas  diagnósticas e as primeiras consultas, para combater o aumento da mortalidade evitable (aínda que se maquillen os pacientes que esperan diagnósticos e tratamentos):

3.- Crece o gasto farmacéutico, en beneficio das multinacionais farmacéuticas:

4.-  Non se reforzan os recursos destinados a detectar e combater novas pandemias como a  COVID-19:

5.- Non parece haber vontade para formar e mellorar ao persoal sanitario, a pesar das graves deficiencias actuais:

As prioridades anunciadas por Feijoo, céntranse en reducir impostos aos mais ricxs (renda, patrimonio, herdanzas) e crear unha nova Área Sanitaria Virtual baseade na compra de material tecnolóxico e no acumulo de información (Big Data) para favorecer ás multinacionais.

O SERGAS non ten previsto nada novo para acabar co desastre  da AP ou coas listas de espera, pollo que a poboación está a recorrer ao sector privado,  que ten peores recursos e que oferta seguros a prezos incompatibles co unha atención de calidade mínima.

A política sanitaria de Feijoo, sigue desmantelando a AP e financiando a privatización. Non o permitamos. 

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Sergas
Visto: 5000