Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Unha nai pide o cumplimento de medidas de internamiento terapéutico

Información
12 Agosto 2024 - Xunta de Galicia 3019 votos - Correo electrónico - Imprimir

O10J5301A nai dun rapaz internado no Centro Monteledo en execución dunha medida xudicial de internamento terapéutico quere denunciar a inacción por parte da Administración.

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade, non vela pola recuperación e reintegración dos menores que cumpren medidas xudiciais nos centros do complexo de Montealegre.

 Tanto dende a Dirección Xeral, sendo titular Jacobo José Rey Sastre, como dende a Subdirección, sendo titular Cristina Blanco, gástanse centos de miles de euros cada ano privatizando o servizo (segundo o DOG nº 214, 10/11/23, na súa p. 62011, o presupuestado é de 6.427,8 E/mes e 8.336,7 E/mes para os “educativos” e “terapéuticos”, respectivamente), e desoen as peticións que se lle fixeron para que actuasen, negándose a recibirme despois de ter solicitada unha entrevista, nunha clara actitude de soberbia e desleixo coas familias dos menores.

O meu fillo está internado no Centro Monteledo dende o 9/11/23, en execución dunha medida xudicial de internamento terapéutico, a Dirección Xeral, que é perfectamente coñecedora da situación, sabe que é o Centro Montefiz, do mesmo complexo, o que está preparado para prestar a atención terapéutica necesaria.

Os centros Monteledo e Montefiz están concertados pola Xunta de Galicia coa entidade GINSO, por convocatoria pública, para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Este concerto recolle que a intervención terapéutica, isto é Terapia Individual, Terapia Grupal e Terapia Familiar, que se realice coa persoa menor responderá ao tratamento específico dunha anomalía ou alteración psíquica, dependencia de bebidas alcohólicas, drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas ou alteracións na percepción que determinen unha alteración grave da conciencia da realidade.

A dita intervención levarase a cabo en execución dunha medida xudicial de internamento terapéutico, seguirá, en todo caso o establecido na sentenza e formará parte do programa individualizado de execución de medida, organizándose nas mesmas fases que para a intervención educativa. Comprenderá, cando menos, os seguintes aspectos:

a) Coidado físico ou psíquico requiridos pola especial problemática do/da menor e establecemento das medidas de contención e seguridade que, de ser o caso, se requiran. b) Atención e valoración médico psiquiátrica e psicolóxica.

c) Elaboración, a través do persoal facultativo e especialista correspondente, dun programa de tratamento da problemática obxecto de internamento, coas pautas sociosanitarias recomendadas e, de ser o caso, os controis que garantan o seguimento, o cal formará parte do programa individualizado de execución da medida.

d) Realización das terapias necesarias para o desenvolvemento do programa citado no punto anterior, conforme os obxectivos concretos que para cada persoa menor se fixen progresivamente en función do seu programa individualizado.

e) Mantemento, na medida do posible, de contacto coa familia máis próxima da persoa menor ou figuras substitutivas.

Depois de numerosos intentos de que recibise a atención terapéutica, vexo que non se están cumprindo as prescripcións que están recollidas no expediente e que teñen que ser aplicadas en virtude do concerto social aludido, obviando os seus deberes a empresa, e sen atención algunha por parte da Consellería de Política Social, que é a última responsable de que se cumpra a normativa, coa que me puxen en contacto en moitas ocasións e non fun atendida, e o que é máis grave, non está o meu fillo recibindo no centro as accións terapéuticas que si podería ter no Centro Montefiz, é unha irresponsabilidade e unha deixadez por parte da Consellería.

Quero denunciar a situación coa finalidade de que se poñan os medios necesarios para que, neste caso concreto, a meu fillo, que xa realizou máis do 50% da súa medida, se lle apliquen as medidas terapéuticas dictaminadas pola xuíz, e tamén para que non se siga a repetir a situación cós menores que continúan sendo derivados a Monteledo (na actualidade, 7-8), con medidas terapéuticas, sen que se cumpran as mesmas así como que se nos atenda ás familias debidamente por parte da administración.

Asinado por xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx, en Ourense, 29 de xullo de 2024.

e-mail: xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Tlfno. n.º xxxxxxxxxxxxxx

social youtube xornalgalicia   feed-image

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal