Información
Agenda de Galicia

26 Nadadores cítanse en Carballo e Ferrol esta fin de semán

Información
Localidades de Galicia 11 Abril 2019 133 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñeremos en liza o sábado a 26 dos nosos nadadores e nadadoras, 25 da categoría alevín e 1 da absoluta. Os alevíns do Fogar tomarán parte na Piscina Municipal Carballo Calero da nosa localidade na 5ª xornada da Liga Galega, e co obxectivo de manterse na loita entre os 12 mellores da categoría, tendo en conta o axustado da clasificación entre os postos 12º, 13º e 14º dos 30 clubs galegos que conforman a categoría.

Nesta quinta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 e 200 metros bolboreta, costas e braza e os 100 e 800 metros libres, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 metros estilos mixtos. Na documentación adxunta a esta mesma noticia dispoñedes da nosa convocatoria e da lista de saídas da xornada.
O noso único representante absoluto da fin de semán será Manuel Verdes Collazo, que tomará parte en Ferrol no Trofeo Norte-Sur co combinado do norte e nas probas de 50, 100 e 200 braza. Máis información en: https://www.fegan.org/post/2869

Otros articulos relacionados.....