Información
Agenda de Galicia

O CONCELLO DO GROVE CELEBRA A FESTA DOS MAIOS 2019

Información
Localidades de Galicia 15 Abril 2019 354 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

o Concello do Grove vai celebrar o concurso da Festa dos Maios 2019 cuxas bases serán aprobadas na próxima Xunta de Goberno Local

 

O concurso terá lugar o mércores 1 de maio na Praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que así o desexen.

Todos os que queiran participar, poden realizar a súa inscrición o mesmo día 1 na praza do Corgo, entre as 10.30 e as 11.30 h, podendo concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.

Cada participante recibirá 30 euros por participar e, así mesmo, estableceranse tres premios en cada una das categorías: un primeiro premio de 150,00 un segundo de 100,00 e un terceiro de 50,00 euros nas categorías de Maios tradicionais e Maios Artísticos. Na categoría de Coplas e interpretacións os premios serán 80,00 50,00 e 30,00 euros.

Así mesmo, o Concello do Grove instalará xogos populares e a velada estará a amenizada polos “Sons da Rúa” da Asociación Paradanda-Mecos.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+