Información
Agenda de Galicia

VBC enche de baloncesto Vilagarcía durante 3 días con 140 partidos nos que participarán 900 xogadores

Información
Localidades de Galicia 17 Abril 2019 355 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Despois do Memorial Miguel Ánguel González que tivo lugar a pasada fin de semana, a emoción do baloncesto manterase viva durante a semana santa coa celebración da Vilagarcía Basket Cup (VBC). O evento regresa con máis forza que nunca do 18 ao 20 de abril batendo o seu propio récord de participación, posto que esta edición contará coa participación de 82 equipos masculinos e femininos das categorías alevín, benxamín, infantil, cadete e junior. 900 deportistas que disputarán nada menos que 140 partidos concentrados en tres xornadas. Para poder desenvolver esta voráxine de actividade, o Concello puxo a disposición da organización as canchas de Fexdega, Castelao e Fontecarmoa 1 e 2.
15.04.2019.- O torneo de basket base organizado polo CB Vilagarcía chega pisando forte e seguro nesta 24 edición e pensando xa na celebración o vindeiro ano das súas vodas de prata, para o cal teñen previsto grandes sorpresas.

Mentres, e para ir quentando motores, a partir do xoves Santo, 18 de abril, o deporte da canastra reinará con xornadas maratonianas de 12 horas de partidos interrompidos dende primeira hora da mañá. O remate será o sábado 20 ás 13:45 horas coa entrega de trofeos e acto de clausura no que se dará a despedida aos equipos participantes procedentes de diversos puntos de Galicia, Asturias, País Vasco e, por primeira vez, de Cataluña, comunidade representada polo Tortosa.

Aparte do espectáculo do baloncesto propiamente dito, a VBC representa un importante atractivo turístico posto que, ademais dos 900 deportistas que virán a participar, o torneo tamén atraerá á cidade a moitos familiares dos rapaces e rapazas que aproveitarán os festivos de Semana Santa para gozar do evento e para visitar Vilagarcía.
Otros articulos relacionados.....