Información
Agenda de Galicia

Máis dun centenar de deportistas daranse cita na 2ª edición do Trofeo de Kickboxing Ribeira Sacra

Información
Localidades de Galicia 17 Abril 2019 445 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado, 20 de abril, a 2ª edición do Trofeo de Kickboxing, na especialidade de Tatami Sports, no que se darán cita máis dun centenar de deportistas.

A competición comezará ás 10.00 horas coas eliminatorias de cada categoría e peso, ata ás 13.00 horas. Pola tarde, celebraranse as finais, desde as 16.00 ás 18.00 horas, coa entrega de medallas aos participantes, sendo en total "máis de 150 encontros os que se realizarán". A entrada ao evento será gratuíta.

En canto á participación, "as inscricións creceron case nun 40%", daranse cita máis dun centenar de deportistas de idades comprendidas entre os 8 e os 40 anos, pertencentes a 16 clubs de Galicia e "o 80% dos participantes son do deporte base", engadiu o director técnico da Federación Galega de Kickboxing.

O evento organizado polo club Escola Deportiva de Kickboxing Nogueira de Ramuín será xornada oficial da Liga Galega de Clubs 2019 e pretende consolidarse "nun referente dentro do calendario deportivo da federación", dixo Rubén Batán, a quen o tenente de alcalde de Nogueira de Ramuín lle agradeceu "a imaxe que traslada do noso municipio, a nivel nacional, no mundo deportivo".

Otros articulos relacionados.....