Información
Agenda de Galicia

Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos

Información
Localidades de Galicia 14 Mayo 2019 86 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia acolle este mércores 15 ás 19.00 horas a presentación da obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos, partitura editada por AGADIC e Dos Acordes, co patrocinio da Xunta de Galicia, da que son autores Joam Trillo (ed. crítica) e Javier Garbayo (introdución). 

Participarán no acto o decano da Facultade anfitrioa, Francisco Durán; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; os editores Jacobo Sutil e Javier Jurado e os autores. Como novidade, poderanse escoitar algunhas pezas deNuevos Aires Gallegos, en estrea exclusiva, interpretadas polo propio Andrés Gaos a partir da dixitalización de rexistros antigos. 



A edición da partitura forma parte do plan editorial e de actividades que dentro do Ano Gaos organiza a USC a través do grupo Organistrum co apoio do Ministerio de Economía Industria e Competitividad e a Unión Europea e coa colaboración de institucións locais e rexionais como Afundación, os Concellos da Coruña e Santiago, o Consello da Cultura Galega, a CRTVG, a Deputación da Coruña, a Xunta de ,alicia; as orquestras Real Filharmonía e Sinfónica de Galicia e Amigos da Ópera de Santiago. 

Otros articulos relacionados.....