Información
Agenda de Galicia

O I Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 aplicadas ao Sector Naval reuniu este martes no Teatro Afundación

Información
Localidades de Galicia 14 Mayo 2019 171 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Caballero destaca a importancia de estar unidos e establecer sinerxías para a adaptación do naval aos 4.0
Expertos internacionais debaten esta martes sobre a aplicación de novas tecnoloxías no sector nun Foro enmarcado no proxecto IN 4.0

O I Foro Internacional de Tecnoloxías 4.0 aplicadas ao Sector Naval reuniu este martes no Teatro Afundación a expertos internacionais que debateron sobre visión artificial, realidade aumentada, monitorización, robotización e plataformas colaborativas.


Xunto ao alcalde de Vigo, quen destacou a relevancia da unión e das sinerxias para adaptar o naval ao 4.0, no acto de inauguración do foro estivo tamén presente a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que mostrou a súa satisfacción co proxecto ‘IN 4.0’, que ten como obxectivo que o naval se adapte a este novo modelo produtivo da industria. 

A xornada tamén está organizada pola Asociación de Industrias Metalúrxicas (ASIME) e pola Agrupación industrial Naval de Galicia (ACLUNAGA). O vicepresidente de ASIME, Rafael Outeiral, explicou que neste foro mostraranse as vantaxes de cinco tecnoloxías seleccionadas entre un total de 20 "que cremos que son as que mellor se adaptan ao sector naval e están listas para ser aplicadas". "As empresas temos que facer un esforzo interno para adaptarnos e mellorar os nosos procesos", engadiu. Pola súa banda Óscar Gómez, xerente de ACLUNAGA, reclamou maiores apoios para "un sector estratéxico que ten tantos traballadores detrás".

Tamén participou o director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez, que destacou a necesidade dun sector naval "máis limpo e respectuoso co medioambiente e máis dixitalizado".

Otros articulos relacionados.....