Información
Agenda de Galicia

O queixo do Cebreiro, a Ternera Gallega e os grelos, protagonistas das Exaltacións Gastronómicas de maio

Información
Localidades de Galicia 16 Mayo 2019 910 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Exaltacións gastronómicas 2019
Do 17 ao 26 de maio, 50 establecementos do programa Exaltacións Gastronómicas introducirán pratos con produtos seleccionados acompañados de pan e galletas Daveiga, viño DO Ribeira Sacra e augardentes e licores

Esta iniciativa busca promover a excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida, de Denominación de Orixe, e de Raza Autóctona con selo de calidade na provincia

Vidal Baamonde destacou “a campaña ‘Exaltacións Gastronómicas’ ten como obxectivo fomentar o turismo gastronómico na provincia poñendo en valor a excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados”

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, presentaron este mércores, nos xardíns da Deputación, as xornadas Exaltacións Gastronómicas...E Para Comer Lugo correspondentes ao mes de maio. Estas degustacións gastronómicas terán lugar, entre os días 17 e 26, en 50 establecementos de hostalaría de 23 concellos da provincia.

O queixo do Cebreiro, a Ternera Gallega e os grelos de Galicia serán os produtos protagonistas do presente mes. Cociñados baixo diferentes estilos, estes ingredientes serán introducidos nos menús dos restaurantes que participan neste programa de promoción gastronómica da provincia E para comer...Lugo.

Vidal Baamonde destacou “a campaña Exaltacións Gastronómicas ten como obxectivo fomentar o turismo gastronómico na provincia, cada vez máis en alza. Con esta iniciativa poñemos ademais en valor a excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), de Denominación de Orixe (DOP), e de Raza Autóctona con selo de calidade que teñan representación na provincia. Tamén contribúe a dinamizar o sector servizos da provincia xerando riqueza económica”.

No acto de presentación das Exaltacións Gastronómicas do mes de maio participaron tamén representantes dos produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (D.O.P) ou indicación xeográfica protexida (IXP), así como de asociacións e empresas con presenza na provincia.

O propósito destas xornadas de Exaltacións Gastronómicas é darlles continuidade no tempo e conseguir que se trate dunha cita anual para dinamizar o sector servizos e desestacionalizar o consumo dos produtos coa fin de darlles continuidade fóra das épocas de produción.

Calendario de Exaltacións Gastronómicas
Cada mes realizaranse estas xornadas gastronómicas exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha terá unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro.

Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes. Na web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.

IXP e CRDO
Ademais dos locais de restauración, empresas e asociacións de produtores da provincia, nas xornadas empregaranse produtos de 21 Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida: CRDO Queixo de Arzúa-Ulloa, CRDO Cebreiro, CRDO Ribeira Sacra,  CRDO San Simón da Costa,  CRDO Queixo de Tetilla, IXP Faba de Lourenzá, IXP Grelos de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Lacón Galego, IXP Pemento de Mougán, IXP Pataca de Galicia, IXP Mel de Galicia, IXP Augardentes e Licores tradicionais de Galicia, IXP Ternera Gallega, ACRUGA (Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega), ABSA (Merluza do Pincho de Burela e Bonito de Burela), AVIMOS (Raza Galiña de Mos), ASPORCEL (Raza Porco Celta), ASOVEGA – BOAGA (Raza Ovella Galega), AFAPAN (Asociación Provincial de Fabricantes de Pan de la Provincia de Lugo) e Galletas Da Veiga.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+