Información
Agenda de Galicia

Por 2 euros a tapa poderemos probar as delicias do mar con bacallau, gambóns, polvo, mexillóns, chipiróns ou atún Calvo

Información
Localidades de Galicia 26 Mayo 2019 519 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Carballo por Etapas cumpre sete anos levando o mellor da gastronomía local aos padais de centos de veciños e visitantes que acoden aos bares, tascas e restaurantes da vila para gozar dos nosos produtos. Por 2 euros a tapa poderemos probar as delicias do mar con bacallau, gambóns, polvo, mexillóns, chipiróns ou atún Calvo, e da terra con solombo de porco, polo, vaca, verduras frescas, xamón ou as nosas saborosas patacas, entre outros moitos manxares.

Organizadores, participantes e patrocinadores asistiron á presentación

Organizadores, participantes e patrocinadores asistiron á presentación.- 

Este ano son 17 os locais hostaleiros que se animaron participar nesta ruta gastronómica: A Barra Bar, A Nova Ferradora, A Nova Tasca, Ánfora, Cafetería Habanos 79, Cervecería Ágora, Cervecería A Tapería, Korner Carballo, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, O’Burato 26 Marisquería, Restaurante A Esmorga, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón e Trattoría Pizzeria Vesuvio. Representantes destes locais estiveron na presentación da iniciativa, na que tamén participaron colaboradores e patrocinadores, así como o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira.

Dúas tapas en cada local

Quen se achegue a Carballo por Etapas poderá escoller entre dúas tapas en cada local cada fin de semana. Na primeira, unha delas terá como ingrediente o atún, xa que Calvo volve a colaborar achegando conserva para a elaboración das tapas. E o menú con todas estará no Facebook de Carballo por Etapas para que poidades escoller: https://www.facebook.com/carballoporetapas/

Ademais, con cada tapa recibirás un rasca co que poderás obter premios directos: camisetas, libretas, bolígrafos, xogos de seis copas de viño cedidos por Proquiber, botellas de viño magnum cortesía de Distribuciones Cotelo e Bodegas Carballo ou outra tapa no mesmo local para poder seguir gozando da comida.

Por último, de novo e grazas á colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños, haberá un tren percorrendo a ruta durante os días de Carballo por Etapas, con paradas diante de todos os bares participantes. O tren circulará os venres 24 e 31 de maio de 19.00 a 21.00 horas e o resto dos días de 12.00 a 13.30 h. (excepto o domingo 26 que non circulará pola mañá) e de 18.00 a 21.00 h. O punto de saída será a rúa Desiderio Varela cunha frecuencia de 30 minutos, aproximadamente.

Datas: 24, 25, 26 e 31 de maio e o 1 e 2 de xuño, dúas fins de semana consecutivas de venres a domingo.

Horarios: venres de 20.00 a 22.00 e sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+