Información
Agenda de Galicia

Comeza o proceso de votación popular para escoller o cartel anunciador do San Froilán 2019

Información
Localidades de Galicia 27 Mayo 2019 477 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello vén de abrir a votación popular do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel que anunciará o San Froilán 2019, coa finalidade de facer cómplice e partícipe á sociedade na elección da imaxe desta festa declarada de Interese Turístico Galego e Nacional, que se celebrará do 4 ao 12 de outubro.

 

As 39 obras que compiten, pódense votar xa na web das festas patronais, www.sanfroilan.info, ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/sanfroilan.info, ata as 12:00 horas do día 31 de maio. Para poder realizar a votación soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, o que permite un reconto de votos máis seguro.

Tal e como recollen as bases, tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 5 de xuño ás 11:00 horas na Casa Consistorial, día no que tamén se seleccionará o cartel do San Froilán Miúdo. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 2.000 euros e para o neno ou nena gañadora do cartel do San Froilán Miúdo un premio adaptado á súa idade valorado en 300 euros.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....