Información
Agenda de Galicia

Rapazas e rapaces en risco de exclusión amosan o seu talento e a súa creatividade este venres en Compostela

Información
Localidades de Galicia 04 Junio 2019 395 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
 O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este venres, ás 17h, a estrea da curta documental La Tribu e máis das pezas de ficción Empezar de cero e Vidas paralelas, creadas por 22 rapazas e rapaces de entre 14 e 23 anos en situación de vulnerabilidade social. Foron elas e eles quen decidiron que querían contar e como contalo, nas tres curtametraxes que explican en primeira persoa as súas problemáticas e medos, así como as súas ferramentas para afrontalos. O acceso á proxección é libre e gratuíto ata completar aforo.
 
O 25% das nenas, nenos e adolescentes galegos está en risco de pobreza. Máis de 100.000 nenas, nenos e adolescentes en Galicia padecen cada día as consecuencias da falta de recursos, conflitos familiares, inseguridade ou mesmo violencia. Esta circunstancia, que na escola pode pasar desapercibida, impídelles aprender en igualdade de condicións e lastra enormemente as súas oportunidades de futuro: o 70% do alumnado máis desfavorecido abandona os estudos prematuramente. É necesario xerar conciencia social sobre a necesidade de incorporar políticas e modelos de equidade educativa que permitan compensar as desvantaxes que afronta unha parte moi importante das nenas e nenos na etapa escolar.
 
Non é certo que o alumnado con dificultade nos estudos non teña vontade de aprender. Nin é certo que a mocidade tutelada estea nun centro de protección por facer algo malo. Non son máis que estereotipos, pero parte da sociedade aínda os toma por certos. E cando afectan a persoas que xa parten dunha situación vulnerable, poden chegar a converterse nun estigma moi doloroso. A Tribo quere reverter ese estigma e mostrar as enormes capacidades destas mozas e mozos, o seu talento, a súa creatividade e a súa capacidade de esforzo. As tres curtas que se estrean o venres pola tarde en Compostela dan boa conta de todo isto.
 
 
Para conseguilo, AGARESO e IGAXES unen as súas forzas e, co apoio de Obra Social "la Caixa", crean A Tribo, unha intervención integral que pretende fortalecer as capacidades das e os mozos en risco de exclusión, tanto desde o ámbito educativo como psicosocial. Ademais do obradoiro de vídeo participativo do que xurdiron estas curtas, A Tribo inclúe reforzo escolar durante todo o curso e mais obradoiros de educomunicación nos centros educativos aos que asisten estes mozos e mozas, para reflexionar conxuntamente co resto do alumnado sobre as dificultades extraordinarias que afrontan os compañeiros e compañeiras en risco de exclusión e as políticas de equidade que serían precisas para contrarrestalas.
 
Estas actividades complementaranse, á volta do verán, cunha campaña de comunicación pensada para recordarlles ás comunidades escolares, xusto antes do comezo do curso, o que representa para a rapazada a inequidade e a necesidade de que todos como sociedade contribuamos a combatela. A campaña está sendo deseñada a partir das mensaxes que eles mesmos definiron nas sesións de traballo e será perfilada e executada, tamén, por elas e por eles, xa que son estas mozas e mozos os verdadeiros axentes do cambio, ideadores de solucións e xeradores de impacto público. 
 
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro formada por profesionais da comunicación co obxectivo de poñer as ferramentas propias do seu sector ao servizo da Transformación Social, principalmente a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social. 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....