Información
Agenda de Galicia

A Mvrvs Lvcis, que volve retar por terceiro ano nunha carreira polo adarve da Muralla a romanos e castrexos, ten xa aberta a súa inscrición

Información
Localidades de Galicia 04 Junio 2019 612 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A Mvrvs Lvcis, que volve retar por terceiro ano nunha carreira polo adarve da Muralla a romanos e castrexos, ten xa aberta a súa inscrición

A Mvrvs Lvcis, que reta por terceiro ano nunha carreira polo adarve da Muralla a romanos e castrexos, ten xa aberta a súa inscrición. O límite de inscricións será de 200 persoas, 100 romanos e romanas e 100 castrexos e castrexas, e a idade mínima para participar é de 16 anos. Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse, ata o 11 de xuño, a través da páxina web www.championchipnorte.com. O custo da inscrición é de 3 euros e inclúe vestimenta de caracterización, a elixir á hora da inscrición entre romano ou castrexo. As prazas iranse esgotando por rigusoa orde de inscrición. Así mesmo, avituallamento líquido ao rematar a  proba.

 

A proba deportiva do Arde Lvcvs celebrarse na segunda xornada do Arde Lvcvs, o 14 de xuño, a partir das doce da noite. Esta carreira nocturna constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos e o dos castrexos en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do grupo castrexo co xogo da moeda ao aire.

A recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus Lugo, na rúa Iglesias Otero, o mércores 12 de xuño, a partir das 16:00 horas, e o 13 e 14 de xuño en horario da apertura do centro. Haberá un gañador e unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos de cada categoría.

A proba comezará e rematará na praza de Pío XII, onde todas as persoas participantes están convocadas ás 23:45 horas, para comezar a carreira 15 minutos máis tarde.

Venda de entradas            

Continúan á venda as entradas para o Harpastvm e o Circvs Romano, cada unha delas cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa. Nos dous casos se poden mercar a través da web www.entradaslugo.es. Todos os eventos serán na explanada do Pavillón Municipal, o primeiro deles o venres, ás 21:00 horas, a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana; o segundo o sábado, a partir das 18:00 horas.

Máis información na web oficial destes festexos www.ardelucus.com.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....