Información
Agenda de Galicia

Explotación ecolóxicas fan uso do compost producido en Allariz

Información
Localidades de Galicia 06 Junio 2019 618 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A área de medio ambiente do Concello de Allariz,  a través do programa RE, vén de repartir 5.000 litros de compost ao proxecto agroecolóxico Fóra de Linde.

 

O proxecto Fóra de Linde é unha iniciativa baseada nos principios da soberanía alimentaria e da agroecoloxía, con explotacións en Allariz. Recibiu, para a produción de hortalizas, 5.000 litros de compost maduro e óptimo en canto ás súas cualidades e o único autorizado para o seu uso en produción ecolóxica.

A concellería de medio ambiente abre así un novo campo de colaboración con produtores de horta ecolóxica e o programa RE, aportando compostaxe procedente dos grandes produtores. Bernardo Varela, concelleiro responsable, agradece a todos os veciños e veciñas así como a hostalería de Allariz “o seu esforzo na separación de lixo, que se está vendo recompensado pechando o círculo conseguindo nas nosas hortas grazas o esforzo de labregos e labregas como Fóra de Linde ou Mimá unha produción sostible e respectuosa co medio, para unha alimentación de calidade.”

O Concello de Allariz continua na súa labor de sensibilización apostando firmemente pola separación do lixo que se produce nas casas e locais de restauración, tratando a maior parte  posible da materia orgánica con medios propios, evitando así custes ambientais e tamén sociais e económicos. A área de medio ambiente ponse a disposición de veciños e veciñas por se houbera necesidade de cantidades maiores de compost dos que se dispón nas illas de compostaxe a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

O programa RE

O Programa RE é un programa de compostaxe comunitaria de materia orgánica que pretende reducir a cantidade de residuos entregados a SOGAMA   e cumplir, así, os obxectivos europeos do Horizonte 2020, de redución, reutilización e recuperación dos residuos xerados pola poboación.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....