Información
Agenda de Galicia

Muíños, capital do piragüismo galego

Información
Localidades de Galicia 08 Junio 2019 125 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O municipio ourensá de Muíños converterase o vindeiro sábado, 8 de xuño, na capital do piragüismo galego coa celebración do Campionato Galego de Xóvenes Promesas. 

 

Alfredo Bea reafirmou o papel da provincia de Ourense no piragüismo galego destacando o apoio que se fai, desde a Deputación como desde os concellos da provincia, ao piragüismo na provincia de Ourense "o que fai que nunha recente competición de xóvenes promesas dos alevíns e benxamíns, por primeira vez na historia, un club de Ourense foi quen de quedar entre os tres primeiros". Así mesmo, o presidente da Federación Galega de Piragüismo lembrou que o ano pasado "a organización do evento foi un éxito sendo a regata con máis participantes de todo o calendario galego, chegando case aos 700 cativos, e os clubs quedaron sorprendidos coa calidade das instalacións, idóneas para acoller deportes náuticos".

Neste mesmo sentido, o alcalde de Muíños sinalou que o ano pasado "recibimos o primeiro premio á regata mellor organizada en Galicia, recoñecemento que esperamos revalidar este ano". Ademais, Plácido Álvarez, quen agradeceu o apoio da Deputación ás iniciativas do seu municipio, destacou o traballo do Club Fontefría "por manter durante tantos anos o piragüismo en Muíños". Pola súa parte, Óscar León agradeceu ás institucións "o seu apoio para poder organizar este evento un ano máis" e explicou que está continuará a ser "nesta liña de traballo para situar a Muíños e á provincia de Ourense no lugar que merece no piragüismo galego".

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+