Información
Agenda de Galicia

"Queenmania" e "Shrek, o musical" chegan a Castrelos en agosto

Información
Localidades de Galicia 09 Junio 2019 151 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

As nenas e nenos vigueses teñen o seu espazo no programa festivo municipal para este verán e Abel Caballero adiantou hoxe dúas das citas previstas para gozar en familia, de forma gratuíta. 


O 4 de agosto o Auditorio de Castrelos acolle o espectáculo Rock en familia: Queenmanía, que trae á cidade a banda homenaxe "Play the Game", que reproduce durante hora e media a música, estética e posta en escena de Queen. Será ás 20:00 horas. Segundo engadiu o rexedor en funcións, Queenmanía, esgotou as entradas no Teatro Calderón de Madrid, está esgotándoas no Tívoli de Barcelona e iniciará xira por España en 2020. 

O 6 de agosto será a quenda de "Shrek, o musical", baseado na película animada protagonizada polo ogro Shrek. A partir das 20:00 horas e con entrada de balde, os cativos e cativas poderán gozar unha proposta familiar ,que conta cunha banda de músicos en directo e máis de 30 persoas na mobilización escénica

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+