Información
Agenda de Galicia

As escolas poderán participar en Contádenos o voso Día das Letras ata o 22 de xuño

Información
Localidades de Galicia 10 Junio 2019 127 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Real Academia Galega mantén aberto ata o 22 de xuño o prazo para participar na terceira edición do concurso Contádenos o voso Día das Letras, que premiará proxectos desenvolvidos en centros de educación infantil e primaria arredor da celebración dedicada a Antonio Fraguas. Todos os traballos serán difundidos a través da web Primavera das Letras, creada pola institución para achegar dun xeito lúdico o público máis novo á figura homenaxeada o 17 de maio. A Real Academia Galega mantén aberto ata o 22 de xuño o prazo para participar na terceira edición do concurso Contádenos o voso Día das Letras, que premiará proxectos desenvolvidos en centros de educación infantil e primaria arredor da celebración dedicada a Antonio Fraguas. Todos os traballos serán difundidos a través da web Primavera das Letras, creada pola institución para achegar dun xeito lúdico o público máis novo á figura homenaxeada o 17 de maio.


Cada colexio poderá presentar unha ou máis iniciativas centradas no Día das Letras Galegas de Antonio Fraguas. Os responsables deberán remitir ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., acompañadas dunha breve explicación, as ligazóns que recollan as actividades realizadas. En caso de que o centro non dispoña dun espazo virtual onde amosalas, poderase remitir o material a este mesmo enderezo electrónico. As bases do concurso están dispoñibles nesta ligazón.
Nas dúas primeiras edicións do concurso foron premiadas oito escolas: o CPI Virxe da Cela (Monfero), a EEI do Milladoiro (Ames), os CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña), Antonio Fernández López (Oural, Sarria), Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), Plurilingüe Os Casais (Maniños, Fene) e do Carballal (Marín), e o CRA Amencer (Ribadavia).
Contádenos o voso Día das Letras celébrase desde 2017 ao abeiro da web Primavera das Letras, creada no ano 2016. Xunto aos contidos de Antonio Fraguas, é posible consultar na lapela "Edicións anteriores" os materiais deseñados para celebrar a María Victoria Moreno, Carlos Casares e Manuel María.
As propostas deste espazo virtual concíbense cun enfoque interdisciplinario que permite que os cativos e cativas traballen dun xeito lúdico non só os aspectos máis directamente relacionados coa obra da personalidade na que se centran cada ano, senón tamén competencias e contidos referidos ao medio social e natural ou á educación artística, tomando sempre como punto de partida a traxectoria do protagonista do Día das Letras Galegas.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+