Información
Agenda de Galicia

Concello, Costas e mariscadoras programan os traballos para recuperar a area da praia do Preguntoiro

Información
Localidades de Galicia 16 Junio 2019 715 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Os bañistas e usuarios do Preguntoiro, en Vilaxoán, poderán gozar este verán da praia de Bandeira Azul en perfectas condicións posto que Concello, Costas e mariscadoras xa teñen planificada a operación que se vai levar a cabo para repoñer area desprazada polo mar nos últimos anos. A actuación acordada cos técnicos de Costas consistirá en recuperar os áridos levados cara o interior da lámina acuática para volvelos a depositar na zona seca da que foron arrastrados. A previsión é que a praia estea totalmente acondicionada a finais da primeira semana de xullo.
15.06.2019.- Tras a inspección realizada polos técnicos de Costas nos últimos meses a petición do Concello, determinouse que a area desaparecida da zona da praia máis próxima á desembocadura do regato que baixa polo Freixo non se perdera definitivamente, senón que se acumulaba, formando un banco, dentro da lámina que queda somerxida coa pleamar. Por iso, en lugar de realizar un novo aporte de áridos, os técnicos decidiron recuperar eses, trasladándoos de novo cara arriba para rexenerar a zona seca do areal.

Ao atoparse nunha concesión marisqueira en produción, a actuación foi exposta e consensuada coa agrupación de marisqueo a pé da Confraría Virxe do Rosario de Vilaxoán. As mariscadoras dedicarán as semanas que quedan do mes de xuño a retirar o marisco que foi criando no banco de area que se vai mover, co obxecto de trasladalo a outras zonas das súas explotacións. Unha vez rematen, darase aviso a Costas, que mandará a súa maquinaria para transportar a area cara a zona seca da praia. Os técnicos calculan que estes traballos se poidan rematar en dúas xornadas, máximo tres, polo que a previsión é que o Preguntoiro presente a súa mellor cada a finais da primeira semana de xullo, xusto para o inicio da temporada de baño.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+