Información
Agenda de Galicia

Comenzan as caeroladas contra o goberno de Feijóo por incumplidor

Información
Localidades de Galicia 26 Junio 2019 387 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Pola escola pública rural: non a supresión de persoal na EEI de Verducido

A ANPA de Verducido, en nome da comunidade educativa da escola de Verducido, atópase abraiada pola decisión de eliminar unhas das aulas de educación infantil en lugar de atender a súa reivindicación de recuperar o persoal de anos anteriores. Estas profesionais son necesarias para manter a calidade e a atención á diversidade educativa e ós nenos con necesidades especiais.

 

Convidan a todo aquel preocupado pola escola pública a unha cacerolada no centro educativo este xoves as 20:30 para reivindicar que se manteña a calidade na escola pública.

Unha vez máis a comunidade educativa de Verducido está en alerta ante a ameaza de eliminar unha das profesoras titulares do centro e unificar nunha soa aula todas as nenas e nenos de 3 a 6 anos.

A directiva do Consello escolar do Estado aconsella manter unidades de 8 alumnos/as nas escolas rurais a fin de apoiar a aposta pola vida no rural ao igual que ben de facer o Presidente da Xunta coa súa intención de apoio á vida no rural. Para isto, hai que manter os recursos e as escolas  do rural. O vindeiro curso, en Educación infantil, haberá 17 alumnos/as, máis que suficiente para manter as 2 aulas.

O Consello Escolar do Centro, ANPA de Verducido e toda a comunidade educativa quere por de manifesto que a pequena baixada de matrícula para o curso 19-20 está enmarcada no contexto do descenso da natalidade en xeral e en concreto no Concello de Pontevedra. Así coma a ausencia de crise económica que se ten esgrimido para proceder a recortes dos servizos sociais básicos.

A comunidade educativa quere por de manifesto a súa fonda preocupación pola perda de calidade que isto suporá e a ilegalidade na que situaría a Consellería no caso da ausencia puntual dunha das mestras, pois unha soa teríase que facer cargo de máis de 30 alumnos de 3 a 8 anos.

Solicitan por tanto o mantemento das 2 unidades de Ensino Infantil coas mestras definitivas do centro, tendo en conta tamén que unha delas realiza ademais funcións de dirección, secretaría e xefatura de estudios.

Manifestan que o mantemento da calidade educativa mínima pasa por manter, como en anos anteriores, as dúas profesoras de Infantil, o perfil da titora de Primaria independente da mestra de Inglés (que iría á escola 2 días á semana) e a especialista de AL que iría 2 días á semana tamén, a maiores do apoio de PT necesario para atender ás necesidades especiais do alumando.

O apoio ao rural e o mantemento da escola pública, pasa porque rematen os recortes de persoal e peches de escolas.

Convidámolos a que se acheguen este xoves 27/06/2019 ata a EEI de Verducido as 20:30 e quedamos a súa disposición se queren facer unha reportaxe máis ampla.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+