Información
Agenda de Galicia

Podemos: “A Galicia que queremos celebrar cada 25 de xullo é a Galicia feminista”

Información
Localidades de Galicia 23 Julio 2019 268 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A formación homenaxea no Día Nacional de Galicia ás mulleres que se teñen distinguido na loita pola xustiza social e “a todas as galegas anónimas que constrúen este país día a día”

Un acto festivo en Marín conmemorará á figura de Carmen Pesqueira Domínguez, ‘A Capirota’, asasinada no verán de 1936 por unha manada falanxista

 

Compostela, 23 de Xullo de 2019.- Podemos celebrará o Día Nacional Galicia o vindeiro xoves, 25 de Xullo, cun acto de homenaxe en Marín a todas as galegas que se teñen distinguido pola defensa da muller, da loita feminista, da igualdade e da xustiza social. O acto servirá para conmemorar a morte de Carmen Pesqueira Domínguez, ‘A Capirota’, asasinada no verán de 1936 en Marín por unha manada falanxista.

A homenaxe exténdese “a todas as galegas anónimas, nais, avoas, fillas, que día a día foron e son o sostén das súas familias, as que fan país e ás que o país exclúe e invisibiliza”, tal e como expresou hoxe a secretaria de Municipalismos de Podemos Galicia, Verónica Hermida: “A Galicia que queremos celebrar cada 25 de Xullo é a Galicia feminista”, subliñou.

O acto, organizado pola militancia de Podemos Marín, celebrarase ao mediodía na praza da Capirota da localidade e contará coa participación de simpatizantes, inscritas, militantes e dos cargos orgánicos e de representación institucional de Podemos Galicia. Intervirán Verónica Hermida, secretaria de Feminismos e LGTBI+; Julia Torregosa, deputada no Parlamento de Galicia, e Teresa Landín, portavoz de Podemos en Marín.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+